Ácido lignocérico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido lignocérico.
Nome IUPAC:ácido tetracosanoico.
Número CAS: 557-59-5.


O ácido lignocérico[1][2] ou ácido tetracosanoico[3] é un ácido graxo saturado de 24 carbonos coa fórmula C23H47COOH. Encóntrase no alcatrán derivado da madeira (obtido da destilación seca da madeira de piñeiro), forma parte de varios cerebrósidos, e aparece en pequenas cantidades na maioría das graxas naturais. O aceite de cacahuete contén pequenas cantidades de ácido lignocérico (1,1% – 2,2%).[4] Este ácido graxo é tamén un subproduto da produción de lignina. O seu punto de fusión é de 84,2 °C[4]

A redución do ácido lignocérico rende lignoceril alcohol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PubChem compound - Lignoceric acid [1]
  2. ChEBI. Lignoceric acid. [2]
  3. ChemSpider. Tetracosanoic acid [3]
  4. 4,0 4,1 "Lexicon of lipid nutrition (IUPAC Technical Report)". Pure and Applied Chemistry 73 (4): 685–744. 2001. DOI:10.1351/pac200173040685. http://iupac.org/publications/pac/73/4/0685/.