Saltar ao contido

Hematoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A hematoloxía[1] (do grego αἷμα, -ατος-, "sangue" e -λογία, "estudo") é a especialidade médica que se dedica ao tratamento dos pacientes con enfermidades hematolóxicas, para iso encárgase do estudo e investigación do sangue e dos órganos hematopoéticos (medula ósea, ganglios linfáticos, bazo etc) tanto sans como enfermos.

A hematoloxía comprende o estudo da etioloxía, diagnóstico, tratamento, prognóstico e prevención das enfermidades do sangue e órganos hemolinfoprodutores. Os médicos especialistas neste dominio son chamados hematólogos.

As enfermidades hematolóxicas afectan á produción do sangue e os seus compoñentes, coma os glóbulos vermellos, a hemoglobina, as proteínas plasmáticas, o mecanismo de coagulación (hemostasia) etc.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hematoloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]