Xunzi
Nome orixinal | (lzh) 荀況 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 313 a. C. (<298 a. C.) Zhao |
Morte | década de 230 a. C. (>238 a. C.) (82/92 anos) Chu, Western Zhou |
Relixión | Confucianismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo |
Período de actividade | (Con vida en: século III a. C. ) |
Alumnos | Han Fei e Li Si |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parentes | Xun Shu, descendente |
Descrito pola fonte | Gujin Tushu Jicheng (pt) Registos do Historiador (pt) |
Xunzi (chinés tradicional e simplificado: 荀子; pinyin: Xúnzǐ; Wade-Giles: Hsün2-tzu3; "Mestre Xun"), tamén coñecido como Xun Kuang (chinés tradicional: 荀況; chinés simplificado: 荀况; pinyin: Xún Kuàng; Wade-Giles: Hsün2 K'uang4), nado no estado de Zhao arredor de 310 ou 314 a.C. e finado no estado de Chu arredor de 235 ou 217 a.C.,[1] foi un filósofo e escritor confucianista chinés que viviu durante o período dos Reinos Combatentes e contribuíu ás Cen escolas de pensamento. Un libro coñecido como o Xunzi é atribuído tradicionalmente ao autor. As súas obras sobreviviron nunha condición excelente, e foron unha grande influencia na formación das doutrinas oficiais estatais da dinastía Han,[2] mais esta influencia minguou durante a dinastía Tang en relación coa de Mencio.[3]
Xunzi discutiu figuras que ían dende Confucio, Mencio e Zhuangzi, aos lingüistas Mozi, Hui Shi e Gongsun Long e os legalistas Shen Buhai e Shen Dao.[4] Menciona a Laozi como figura por primeira vez na historia chinesa temperá,[5] e fai uso da terminoloxía taoísta, aínda que rexeita a súa doutrina.[6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xunzi naceu como Xun Kuang. Algúns textos rexistran o seu apelido como Sun (孫) en lugar de Xun, talvez porque ambos os apelidos eran homófonos na antigüidade ou talvez porque Xun era un nome tabú durante o reinado do emperador Xuan de Han (73–48 a.C.), que tiña como nome de pía Xun. Herbert Giles e John Knoblock consideran a teoría do nome tabú como a máis plausible.[7][8]
Non se coñece nada da súa liñaxe, e os primeiros anos da vida de Xunzi están arrodeados de misterio. As historias de cando viviu están enfrontadas; dise que coñeceu o rei Kuai de Yan durante a época de Mencio, mentres que Liu Xiang afirma que viviu máis de cen anos despois de Mencio. Os rexistros de Sima Qian indican que naceu en Zhao, e no condado de Anze erixiuse un gran memorial no seu suposto lugar de nacemento. Dise que á idade de cincuenta anos foi ao estado de Qi para estudar e ensinar na academia Jixia. O Shi Ji afirma que se converteu en membro da academia durante a época do rei Xiang de Qi, desestimando a historia de que fora o mestre de Han Fei, mais a súa cronoloxía daríalle unha vida de 137 anos.
Despois de estudar e dar clases en Qi, dise que Xunzi visitou o estado de Qin, posiblemente entre 265 e 260 a.C.,[9] eloxiou o seu goberno e debateu sobre asuntos militares co Señor Linwu (臨武君) na corte do rei Xiaocheng de Zhao. Máis adiante, Xunzi foi calumniado na corte de Qi e retirouse ao sur do estado de Chu. En 240 a.C., o Señor Chunshen, primeiro ministro de Chu, invitouno a asumir o posto de maxistrado de Lanling (蘭陵令), que inicialmente rexeitou mais logo aceptou. Porén, o Señor Chunshen foi asasinado en 238 por un rival e Xunzi polo tanto perdeu a súa posición. Retirouse, permanecendo en Lanling durante o resto da súa vida e foi enterrado alí. O ano da súa morte é descoñecido,[10][11] aínda que se viviu para ver o ministerio do seu suposto alumno Li Si, como se conta, viviría ata os noventa anos, falecendo pouco despois do 219 a.C.[12]
Filosofía
[editar | editar a fonte]Xunzi foi testemuña do caos arredor da caída da dinastía Zhou e do levantamento do estado Qin que defendía "doutrinas centradas no control do estado, mediante o dereito e os castigos" (legalismo chinés).[3] Como Shang Yang, Xunzi cría que as tendencias innatas da humanidade eran o mal e que as normas éticas foran inventadas para rectificar o pobo. A súa variante do confucianismo tiña non obstante un aire máis escuro e pragmático que o optimista confucianismo de Mencio, que tendía a ver os humanos como naturalmente bos, a pesar de que como a maioría dos confucianistas cría que o pobo podía ser refinado mediante a educación e os ritos.[13][14] Porén, cría que só unha elite podía logralo.[15] Adaptou o confucianismo ás ideas dos moístas e dos legalistas.[16] Con todo, ao contrario que outros confucianistas, Xunzi permitiu que o dereito penal puidese ter un papel lexítimo, aínda que secundario no estado.[17]
Rexeita o Shang jun shu e as reclamacións de Zhuangzi de que o camiño cambia cos tempos, dicindo que o camiño fora inventado polos eruditos.[13] Ao final parece que aceptou as estratexias argumentativas dos moístas e o concepto de modelos ou fa 法 (que os legalistas tamén aceptaran), dicindo que "o Ru modélaos a partir dos reis antigos".[13] Ao contrario dos legalistas, dá pouca énfase nas regras xerais, avogando polo uso de exemplos particulares como modelos.[15]
Finalmente, rexeitou admitir teorías do estado e da administración fóra do ritual e do autocultivo, argumentando que os cabaleiros, máis que as medidas promovidas polos legalistas, como as fontes de criterio obxectivo.[16] O seu cabaleiro ideal ou junzi 君子, rei e gobernador axudado por unha clase de eruditos ou ru 儒, está "moi próximo a de Mencio", pero sen a tolerancia do feudalismo (xa que rexeitou os títulos hereditarios e cria que o status do individuo na xerarquía social podía ser determinada só polos seus propios méritos).[18]
Traducións
[editar | editar a fonte]- Xun Kuang (2019). Rectificar los nombres: Xun Zi / Zheng Ming: Un capítulo fundamental en el pensamiento confuciano. Tradución directa ao castelán de Nuno A. Valenzuela Alonso. Miraguano. ISBN 9788478134830[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Knechtges & Shih (2014), p. 1757.
- ↑ John H. Knoblock. Early China, Vol. 8 (1982–83), páx. 29. The Chronology of Xunzi's Works.
- ↑ 3,0 3,1 de Bary, William Theodore; Bloom, Irene, eds. (1999). Sources of Chinese Tradition: From Earliest Times to 1600 1. Nova York: Columbia University Press. pp. 159–160. ISBN 978-0231109390.
- ↑ Karyn Lai 2017. páx. 55. An Introduction to Chinese Philosophy.
- ↑ Tae Hyun KIM 2010 páx. 18, Other Laozi Parallels in the Hanfeizi
- ↑ Robins, Dan, "Xunzi", 8. Epistemology, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.),
- ↑ Giles, Herbert (1898). A Chinese Biographical Dictionary. Londres: Bernard Quaritch. p. 315.
- ↑ Knoblock, John (1988). Xunzi: a translation and study of the complete works. Stanford, CA: Stanford University Press. p. 239. ISBN 0804714517.
- ↑ John H. Knoblock. Early China, Vol. 8 (1982–83), p.34. The Chronology of Xunzi's Works.
- ↑ Watson, Burton (2003). Xunzi: Basic Writings. Columbia University Press. pp. 2, 120, 132–133, 145–146, 148, 154, 163–165, 170, 174. ISBN 978-0231129657.
- ↑ David R. Knechtges and Taiping Chang 2014. páx. 1759. Ancient and Early Medieval Chinese Literature (vols. 3 & 4).
- ↑ John H. Knoblock. Early China, Vol. 8 (1982–83), páx. 34. The Chronology of Xunzi's Works.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Robins, Dan, "Xunzi", 2. The Way of the Sage Kings, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.)
- ↑ Manso, William C. (1987). "Incipient Chinese Bureaucracy and Its Ideological Rationale: The Confucianism of Hsün Tzǔ". Dialectical Anthropology 12 (3): 271–284. JSTOR 29790241.
- ↑ 15,0 15,1 Robins, Dan, "Xunzi", 4. Education and Punishment, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.)
- ↑ 16,0 16,1 John Knoblock 1990. páx. 172. Xunzi: Books 7-16.
- ↑ (R. Eno), 2010 páx. 1. Legalism and Huang-Lao Thought Arquivado 21 de marzo de 2019 en Wayback Machine.. Indiana University, Early Chinese Thought [B/E/P374].
- ↑ Burton Watson 2003. Xunzi: Basic Writings.
- Robins, Dan, "Xunzi", 2. The Way of the Sage Kings, The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.),
- ↑ "Rectificar los nombres: Xun Zi / Zheng Ming: un capítulo fundamental en el pensamiento confuciano — 正名 (Zheng Ming) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2023-12-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cua, A.S. (1985). Ethical Argumentation: A Study in Hsün Tzu's Moral Epistemology. Honolulu: University of Hawaii Press. ISBN 0-8248-0942-4.
- Knechtges, David R.; Shih, Hsiang-lin (2014). "Xunzi 荀子". En Knechtges, David R.; Chang, Taiping. Ancient and Early Medieval Chinese Literature: A Reference Guide, Part Three. Leiden: Brill. pp. 1757–65. ISBN 978-90-04-27216-3.
- Loewe, Michael (1993). "Hsün tzu 荀子". En Loewe, Michael. Early Chinese Texts: A Bibliographical Guide. Berkeley: Society for the Study of Early China; Institute of East Asian Studies, University of California Berkeley. pp. 178–88. ISBN 1-55729-043-1.
- Munro, Donald J. (2001). The Concept of Man in Early China. Ann Arbor, MI: University of Michigan. ISBN 978-0892641512.
- Schwartz, Benjamin I. (1985). The World of Thought in Ancient China. Cambridge, MA.: Harvard University Press. ISBN 0-674-96190-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 荀子 (La literatura china traducida en España)
- Xun Zi en Curlie (en inglés)
- Hsun Tzu historical information and writing excerpts
- Article from the Internet Encyclopedia of Philosophy
- Full text of the Xunzi (en chinés)
- Quotes by Xunzi
- “Tell me and I forget; teach me and I may remember; involve me and I will learn”