Saltar ao contido

Han Fei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHan Fei (韓非)
Nome orixinal(zh-hant) 韓非 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 280 a.C.
Xinzheng (Han) Editar o valor en Wikidata
Morte233 a.C.
Xianyang (Qin) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, Intoxicación Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeChinesa
Grupo étnicoHan
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónFilósofo
ProfesoresXunzi Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteRegistos do Historiador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Han Fei[1] (chinés tradicional: 韓非; chinés simplificado: 韩非; pinyin: Hán Fēi; Wade-Giles: Han2 Fei1), nado arredor de 280 a.C. e finado en 233 a.C., tamén coñecido como Han Feizi, foi un filósofo chinés da escola legalista do período dos Reinos Combatentes. Adoita ser considerado o maior representante do legalismo chinés pola súa obra epónima Han Feizi,[2] que sintetiza os métodos dos seus predecesores.[3]

Os seus escritos foron de grande influencia no que logo foi o primeiro emperador da China, Qin Shi Huang. Trala temperá desaparición da dinastía Qin, a filosofía de Han Fei foi denigrada oficialmente pola subseguinte dinastía Han. A pesar desta marxinación na historia da China imperial, a súa teoría política continuou a influír enormemente nas dinastías posteriores, e o ideal confucianista de goberno sen leis nunca volveu ser considerado. O chanceler de Shu Han, Zhuge Liang, pediu ao emperador Liu Shan que lese o Han Feizi para aprender o xeito de gobernar.[3]

Han tomou a énfase nas leis de Shang Yang, a énfase na técnica administrativa de Shen Buhai e as ideas de Shen Dao sobre autoridade e profecía, dando máis importancia a que o autócrata poderá conseguir control firme sobre o estado coa dominio das metodoloxías dos seus predecesores: a súa posición de poder (勢, Shì); técnica (術, Shù), e dereito (法, ).

Han Fei era o seu nome, mentres que -Zi (en chinés: , lit. "mestre") se engade ás veces aos nomes dos filósofos chineses como honorífico. O título Han Feizi tamén se emprega para denominar o libro escrito por el.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ao contrario que outros filósofos de sona do seu tempo, Han Fei era membro da familia aristocrática gobernante do estado de Han na fase final do período dos estados combatentes. Neste contexto, a súa obra foi interpretada por algúns estudosos como se fose dirixida polo seu primo, o rei de Han.[4] O Shi ji de Sima Qian conta que Han Fei estudou co que logo foi chancelor dos Qin, Li Si, baixo o filósofo confucianista Xunzi. Cóntase que a causa da súa tartamudez, Han Fei non podía presentar as súas propias ideas na corte. Os seus consellos eran ignoradoa, mais observando o lento declive do estado, desenvolveu "un dos máis brillantes estilos (de escritura) na antiga China."[2][3]

A biografía de Sima Qian de Han Fei di: "Han Fei era príncipe de Han, favorable ao estudo do nome/forma e lei/arte que ten as súas raíces na filosofía de Huang-Lao. Naceu tartamudo e non podía debater ben, mais era bo escribindo. Xunto co seu amigo, Li Si, serviu a Xun Qing, e o propio Si admitiu que el non era tan competente como Fei. Vendo que Han estaba en decadencia, adoitaba reprobar o rei de Han enviando artigos, mais este non aceptaba empregalo. Por isto, Han Fei estaba frustrado coa realidade de que, gobernando un estado, o rei non se esforzaba en refinar e clarificar o sistema xudicial, en controlar as materias tomando o poder, en mellorar as propiedades do estado e a súa defensa ou en chamar ou empregar os sabios para mellorar o estado. Máis ben, o rei empregaba corruptos e traidores e púñaos en postos máis altos cós sabios. Consideraba os intelectuais como unha interrupción para a lei por empregar a súa literatura, e pensaba que os cabaleiros violaban a prohibición do estado por usar as forzas armadas. Mentres o estado estaba en paz, o rei gustaba patrocinar os honrados; en cambio, cando lle era preciso, empregaba guerreiros con armadura e helmos. Polo tanto, os homes cultivados non podían ser empregados, e os homes empregados non podían ser cultivados. Gravemente contrariado pola realidade de que os homes de alta integridade e honradez non eran apertados pola inmoralidade e a corrupción, observou os cambios nas ganancias e perdas do pasado. Entón, escribiu artigos como Gu Fen, Wu Tan, Nei-Wai Chu, Shou Lin e Shei Nan, que chegarón ás cen mil palabras. Porén, mentres o propio Han Fei sabía ben a dificultade da persuasión e creou escritura detallada, Shei Nan, matou el mesmo cos Qin. Non puido escabar da trampas das súas propias palabras".[5]

Copia do Hanfeizi da dinastía Qing (1636-1912)
Copia do Hanfeizi da dinastía Qing (1636-1912)

A obra de Han Fei acabou nas mans do estusiamado rei Qin. Este comentou "se eu podo facerme amigo desta persoa (Han Fei), podería morrer sen arrepentimento", e invitou a Han Fei a Qin. Han Fei presentou a obra "Conservando Han" para pedir ao rei Qin que non atacase a súa patria, mais o seu antigo amigo e rival Li Si, celoso de Han Fei, empregou o ensaio para convencer de que apresasen a Han Fei a pesar da lealdade deste a Han. Han Fei respondeu escribindo outro ensaio titulado "Na primeira vez que me reunín co rei Qin", esperando que o seu talento para a escritura gañase o corazón do rei. Han Fei logrouno, mais non antes de que Li Si o forzse a suicidarse bebendo veleno. O rei Qin máis tarde arrepentiuse da desafortunada morte de Han Fei.[2][3]

Xunzi estableceu a hipótese de que a natureza humana é mala e sen virtudes, e suxeriu que os nenos humanos debían ser levado á virtude mediante a educación moral e social de clase con orientación confucianista. Sen iso, afirmou Xunzi, os seres humanos actuarían sen virtude e serían dirixidos pola natureza humana a cometer actos inmorais. A educación de Han Fei e a súa experiencia vital durante o período dos estados combatentes e no seu propio estado de Han, contribuíu á síntese dunha filosofía para o goberno dunha administración amoral e interesada, para a cal a moralidade parecía unha ferramenta perdida e ineficaz. Han concordaba coa teoría de "sen virtude por nacemento" do seu profesor, mais, como na filosofía legalista previa, propuña pragmaticamente guiar o pobo pola súa propia natureza.

  1. "Han". Random House Webster's Unabridged Dictionary.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2015. Consultado o 25 de xullo de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Hàn Phi Tử, Vietnamese translation by Phan Ngọc, Nhà xuất bản Văn học, HCMC 2011
  4. Watson, Burton, Han Fei Tzu: Basic Writings. 1964, p. 2. O rei en cuestión crese que pode ser o rei An (238–230 a.C.) ou o seu predecesor o rei Huanhui (272–239 a.C.).
  5. Tae Hyun KIM 2010 p.15, Other Laozi Parallels in the Hanfeizi

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton Watson (1964). Han Fei Tzu: Basic Writings. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-08609-7.
  • Hàn Phi Tử, tradución vietnamita de Phan Ngọc, Nhà xuất bản Văn học, HCMC 2011.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]