Período dos Reinos Combatentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
LiBai-Kalligraphie.jpg
Historia da China
Os Tres Augustos e os Cinco Emperadores
2205 a.C. Dinastía Xia
-1570 Dinastía Shang
 -1046 Dinastía Zhou
 -722 Primaveras e Outonos
 -453 Reinos combatentes
 -221 Dinastía Qin
 -206 Dinastía Han occidentais
9 Dinastía Xin
  25 Dinastía Han orientais
 220 Tres Reinos
 265 Dinastía Jin e
 304 Dezaseis Reinos
 420 Dinastías do Norte
e do Sur
 581 Dinastía Sui
 618 Dinastía Tang
 690 Dinastía Zhou
 907 As Cinco Dinastías e os Dez Reinos
 960 Dinastía Song
 907 Dinastía Liao
1032 Dinastía Xixia
1115 Segunda dinastía Jin
1234 Dinastía Yuan
1368 Dinastía Ming
1644 Dinastía Qing
1912 República da China
1949 República popular
  Taiwan
Os Reinos Combatentes en 260 a.C.

O Período dos Reinos Combatentes (en chinés tradicional: 戰國時代; chinés simplificado: 战国时代; pinyin: Zhànguó Shídài) foi a era entre mediados do século V a.C. até a unificación da China por Qin Shi Huang en 221 a.C.. O período normalmente está considerado como unha segunda parte da Dinastía Zhou Oriental (a primeira foi o Período das Primaveras e dos Outonos). Como nese período, o rei de Zhou continuou a ter só un papel simbólico. A data considerada como inicio do período aínda se discute. Frecuentemente cítase 475 a.C., data de tripartición do reino de Jin como o inicio do período.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa animado do Período dos Reinos Combatentes[1]

O Período dos Reinos Combatentes (475-221 a.C.) toma o seu nome dunha obra histórica compilada no século I a.C., o Zhan Guo Ce ("Estratexias dos Reinos Combatentes"), coetánea de textos que se remontan aos séculos III e II a.C. Foi unha época rica para o pensamento filosófico e para a ciencia chinesa, marcada pola decadencia política, pola fin da capacidade de arbitrio e da soberanía dos Zhous sobre os problemas internos e o inicio de confrontamentos.

Os tratados militares escritos polos xenerais de período, algúns dos cales foron atopados parcialmente, demostran a rápida evolución no xeito de se executar a guerra. A época tivo estrategos militares chineses, como Sun Tzu e Sun Pin. Eses célebres xenerais ousaron establecer tácticas cada vez máis refinadas. Os relatos traen ao mundo unha atmosfera única, que envolveu a China nun dos períodos mais singulares da súa historia. Unha fase turbulenta e escura, con continuos enfrontamentos, alianzas que podían corromperse facilmente, traizóns, ataques sorpresa e asasinatos. Estes foron os ingredientes dun cadro político en rápida evolución, que levou ao fortalecemento do estado de Qin, beneficiado pola súa posición estratéxica favorábel, ao oeste do río Amarelo, en Shaanxi, e protexido por sólidas defensas naturais.

Durante este período, existían sete reinos combatentes: Qin, Qi, Zhao, Han, Wei, Chu e Yan.[2] Alén deses sete estados principais, outros estados menores sobreviviron no período. Estes inclúen o Territorio Real do Rei Zhou e os estados de Yue, Zhongshan, Song, Lu, Zheng, Wey, Teng e Zou e no extremo suroeste, os estados non-Zhou de Ba e Shu. O Reino de Qin acabou por conquistar todos no final do período, ficando a China unificada baixo un mesmo goberno e o mesmo sistema de escritura e de pesos e medidas.

Cultura e sociedade[editar | editar a fonte]

Este foi un período de moita actividade guerreira na China, así como de moitas reformas burocráticas e militares. Os estados maiores buscaban a consolidación do seu dominio sobre vastas rexións, o que levou ao debilitamento definitivo do poder da dinastía Zhou. Como sinal diso, os gobernantes dos maiores estados (con excepción de Chu, que xa reivindicara o título de rei moito tempo antes, abandonaron os seus títulos feudais formais e reivindicaron o título rei (王), clamando pola igualdade en relación aos gobernantes Zhou.

Ao mesmo tempo, os constantes conflitos e a necesidade de innovacións sociais levaron ao desenvolvemento de doutrinas filosóficas, que viñeron ser coñecidas posteriormente como as cen escolas de pensamento. As máis salientábeis escolas de pensamento da época inclúen o moísmo, exposto por Mozi; o confucianismo, exposto por Mencio e Xun Kuang; e o legalismo, representado por Shang Yang, Shen Buhai, Shen Dao e Han Fei; e o taoísmo, representado por Chuang-Tzu e Laozi.

Mencio tentou implantar o confucianismo como filosofía de estado, e propuxo un goberno baseado en principios morais como a benevolencia e a equidade. Segundo o filósofo, isto provocaría o apoio popular ao estado e a admiración dos estados veciños, afastando a posibilidade deas guerras. Mencio tentou convencer o rei Hui de Liang para que adoptase as súas ideas, mais non o conseguiu.[3]

O moísmo foi creado por Mozi (468–376 a.C.). A doutrina propuña unha filosofía política e social baseada na imparcialidade e na benevolencia.[4] Mozi estaba contra as guerras, a pesar de ser un grande especialista en tácticas de defensa. Axudou o estado de Song a se defender do estado de Chu.[5]

O taoísmo era defendido por Laozi, que cría que a natureza humana era orixinariamente boa e que a perfección podía ser atinxida se o ser humano regresaba á súa natureza orixinaria. Laozi cría que como os bebés, os seres humanos eran orixinariamente simples e inocentes mais que, co desenvolvemento da civilización perderan a súa inocencia, que fora substituída pola fraude e polo orgullo. Contrariamente ás outras escolas, Laozi non procurou gañar influencia nas cortes dos estados, mesmo rexeitando ser ministro do estado de Chu.[6]

O legalismo creado por Shang Yang en 338 a.C. rexeitaba a relixión e avogaba porque o estado fose guiado só polas leis. Segundo Yang, os castigos debían ser rigorosos e estendidos tamén ás familias dos criminais. Propuxo reformas radicais e unha sociedade baseada en clasificacións ríxidas. Os campesiños deberían ser animados a exercer a súa ocupación, e o bo desempeño dos militares tiña que ser recompensado. As leis debían ser aplicadas a todas as clases sociais sen excepcións, e nin o rei podería estar por riba da lei. Esta filosofía foi adaptada pola estado de Qin, que creou un estado centralizado e ben organizado, cunha burocracia escolida con base no mérito.[3] O período destacou polo xurdimento de burocracias complexas, gobernos centralizados e sistemas legais claramente estabelecidos. Os desenvolvementos na organización política e militar foron a base do poderío do estado de Qin, que conquistou os demais estados e os unificou baixo o imperio Qin en 221 a.C.

A guerra intensiva, baseada máis en grandes formacións de infantaría que nos tradicionais carros de guerra, levou á formación de grandes burocracias centralizadas nos maiores estados. Ao mesmo tempo, o proceso de feudalismo secundario que caracterizara o período das Primaveras e dos Outonos e que levara a eventos como a partición do estado de Jin e a usurpación do estado de Qi polo clan Tian, foi revertido por ese proceso de burocratización.

As reformas de Shang Yang en Qin e as de Wu Qi en Chu baseáronse na centralización, na supresión da nobreza e nas ideas legalistas, todas elas medidas necesarias para a mobilización dos grandes exércitos do período.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MDBG", Sökord: 战国策
  2. Zhang Huizhi 張撝之 e outros, Xuesheng gu hanyu cidian, 学生古汉语词典, Shanghai, 2002, p.247
  3. 3,0 3,1 Stephen G. Haw. A traveller’s history of China. Interlink Books. (Canadá, 2008) Library of Congress. pp. 64–71
  4. Stanford Encyclopedia of Philosophy. Dispoñíbel en https://plato.stanford.edu/entries/mohism/. Consultado o 11 de xuño de 2018.
  5. Lu, Liqing; Ke, Jinhua (2012), "A Concise History of Chinese Psychology of Religion", Pastoral Psychology, 61 (5–6): 623–639.
  6. Lu, Liqing; Ke, Jinhua (2012), "A Concise History of Chinese Psychology of Religion", Pastoral Psychology, 61 (5–6): 623–639.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]