Xoán González-Millán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1951 O Grove, España |
Morte | 23 de novembro de 2002 (51 anos) Lexington, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Ocupación | teórico literario, profesor universitario |
Xoán González Millán, nado no Grove o 22 de xuño de 1951[1] e finado en Lexington (estado de Nova York) o 23 de novembro de 2002, foi un estudoso e crítico literario galego, especialista en Álvaro Cunqueiro.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente Antropoloxía na de Comillas. En 1987 doutorouse pola Universidade da Cidade de Nova York[2], cunha tese sobre Álvaro Cunqueiro, escritor sobre o que redactaría a maior parte da súa obra como crítico. Conseguiu praza de profesor de literaturas hispánicas e lusobrasileiras no Hunter College da Universidade de Nova York, e coordinou o Centro de Estudos Galegos desa entidade, o primeiro en abrirse nos Estados Unidos de América.
Colaborou en distintas revistas de cultura e crítica literaria, como Grial, A Trabe de Ouro ou A Nosa Terra. Entre 1993 e 2000 foi ademais director do Anuario de Estudos Literarios Galegos.
Tamén foi presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG).
Obra en galego
[editar | editar a fonte]- Ensaio
- Álvaro Cunqueiro e «Merlín e familia» (1991), Editorial Galaxia.
- Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (1991), Galaxia.
- Silencio, parodia e subversión: cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (1991), Xerais.
- Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990) (1994), Xerais.
- Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro (1996), Fundación Alfredo Brañas.
- A narrativa galega actual (1975-1984) (1996), Xerais.
- Resistencia cultural e diferencia histórica (2000), Sotelo Blanco Edicións.
- O diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez, (2001), Xerais.
- Obras colectivas
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003), Consello da Cultura Galega.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]- Ensaio
- Proceso textual y desintegración narrativa en la novelística de Álvaro Cunqueiro, (1988), Universidade de Míchigan.
Obra en francés
[editar | editar a fonte]- Obras colectivas
- Communication littéraire et culture en Galice, a canda Antón Figueroa Lorenzana, edicións L'Harmattan, Francia e o Canadá 1997, ISBN 2-7384-5286-8
Galardóns
[editar | editar a fonte]En 2004 nomeárono fillo predilecto do Grove a título póstumo.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Faleceu como consecuencia dun accidente de tráfico sufrido o 22 de novembro, en Lexington, no parque natural de Catskill, onde tamén morreu a súa muller, Esperanza Caneda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑
- ↑ "Newsletter of the Graduate Center, CUNY,". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2007. Consultado o 12 abril 2018. Arquivado 24 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ "O Grove homenajea este viernes al profesor González Millán". La Voz de Galicia. 23 de marzo 2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 194. ISBN 84-7492-465-0.
- "González-Millán, Xoán". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Casas, Arturo, Lourido, Isaac e Martínez, Cristina, ed. (2023). Xoán González-Millán. A projeção de um pensamento crítico. Através Editora.
- A revista Grial no nº 236 (2022) inclúe estudos sobre González Millán:
- Alex Alonso Nogueira: "Xoán González-Millán, obra aberta, vinte anos despois".
- Alex Alonso Nogueira: "Xoán González-Millán e o esgotamento da literatura galega".
- Dolores Vilavedra: "González-Millán e a renovación dos Estudos literarios galegos".
- María do Cebreiro Rábade Villar: "O valor monumental dos documentos. A hipótese da biblioteca do imaxinario nacional no pensamento de Xoán González-Millán".
- Danny Barreto: "As derradeiras leccións do profesor".
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biobibliografía de Xoán González Millán[Ligazón morta] Universidade de Santiago de Compostela.
- Premio ensaio 2001 Arquivado 22 de decembro de 2016 en Wayback Machine. Premios da Crítica Galicia
- "Xoán González-Millán". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Xoán González-Millán na Biblioteca Virtual Galega.