Saltar ao contido

Xoán González-Millán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán González-Millán
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1951 Editar o valor en Wikidata
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 2002 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Lexington, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Pontificia Comillas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónteórico literario, profesor universitario Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1096723 BUSC: gonzalez-millan-xoan-1951-2002 Dialnet: 23384

Xoán González Millán, nado no Grove o 22 de xuño de 1951[1] e finado en Lexington (estado de Nova York) o 23 de novembro de 2002, foi un estudoso e crítico literario galego, especialista en Álvaro Cunqueiro.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente Antropoloxía na de Comillas. En 1987 doutorouse pola Universidade da Cidade de Nova York[2], cunha tese sobre Álvaro Cunqueiro, escritor sobre o que redactaría a maior parte da súa obra como crítico. Conseguiu praza de profesor de literaturas hispánicas e lusobrasileiras no Hunter College da Universidade de Nova York, e coordinou o Centro de Estudos Galegos desa entidade, o primeiro en abrirse nos Estados Unidos de América.

Colaborou en distintas revistas de cultura e crítica literaria, como Grial, A Trabe de Ouro ou A Nosa Terra. Entre 1993 e 2000 foi ademais director do Anuario de Estudos Literarios Galegos.

Tamén foi presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG).

Obra en galego

[editar | editar a fonte]
Ensaio
  • Álvaro Cunqueiro e «Merlín e familia» (1991), Editorial Galaxia.
  • Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (1991), Galaxia.
  • Silencio, parodia e subversión: cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (1991), Xerais.
  • Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990) (1994), Xerais.
  • Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro (1996), Fundación Alfredo Brañas.
  • A narrativa galega actual (1975-1984) (1996), Xerais.
  • Resistencia cultural e diferencia histórica (2000), Sotelo Blanco Edicións.
  • O diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez, (2001), Xerais.
Obras colectivas

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
Ensaio

Obra en francés

[editar | editar a fonte]
Obras colectivas

Galardóns

[editar | editar a fonte]

En 2004 nomeárono fillo predilecto do Grove a título póstumo.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Faleceu como consecuencia dun accidente de tráfico sufrido o 22 de novembro, en Lexington, no parque natural de Catskill, onde tamén morreu a súa muller, Esperanza Caneda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]