Xogos fúnebres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ánfora coa representación de Aquiles curando ao seu compañeiro de armas, Patroclo. Tras a súa morte, Aquiles consagroulle os Xogos Fúnebres

Inicialmente, os xogos fúnebres celebrábanse na Grecia antiga e formaban parte dos ritos funerarios para conmemorar os seus homes caídos nas batallas. Adoitaban consistir en prácticas deportivas e atletismo, así como simulacros de combate de soldados. Os xogos fúnebres que tiveron lugar na Antiga Grecia deron lugar aos Xogos Olímpicos (século VIII a.C.).

Antiga Grecia[editar | editar a fonte]

Homero reflectiu na Ilíada cando Aquiles fixo celebrar os xogos fúnebres en honra de Patroclo, que consistían en competicións atléticas e de loita. Este relato forma parte da extensa mitoloxía grega, narrada por Homero, o sucedido durante as competicións (canto XXIII), a celebración de xogos atléticos eran realizados entre os principais aqueos na guerra de Troia para render homenaxe ao heroe Patroclo, que morrera durante a guerra a mans do príncipe troiano Héctor. O sucedido durante a competición é o que se relata principalmente.

Despois de vingar a morte de Patroclo matando a Héctor, Aquiles presidiu os xogos fúnebres, que se celebraron na chaira de Troia. As probas foron a carreira de carros, a carreira a pé, o boxeo (puxilato), a loita libre, o simulacro de combate, o lanzamento de peso, o tiro con arco e o lanzamento de xavelina. Eneas fixo o propio con Palas, fillo de Evandro, e en homenaxe a seu pai Anquises.

Roma[editar | editar a fonte]

Vaso realizado por Clitias achado en Grecia, circa 570 a. C., que representa unha carreira de carros

Os xogos funerarios gregos influíron máis tarde nos romanos, que os chamaron munus, é dicir, presente ou agasallo. O primeiro en introducilos en Roma foi Décimo Xunio Pera en obsequio do seu pai Décimo Xunio Bruto Galaico, ou, segundo outros, Appio Claudio e Marco Fulvio durante o seu consulado. Xulio César, nos seus Comentarios sobre a guerra das Galias, refire que os galos observaban ese costume.

Despois tomouse outro rumbo e Roma introduciu o costume de facer que os escravos loitasen entre eles pola súa vida; polo xeral eran gladiadores dos pobos sometidos por Roma e formaba parte do "entretemento" do seu pobo. Normalmente un deles morría a pedido do público. En Roma había escolas de gladiadores e lémbrase principalmente a revolta organizada por Espartaco, o escravo grego tracio. Porén, Séneca denunciou que eses espectáculos eran esencialmente crueis, nos que non se transmitía ningún tipo de valores, a maioría dos condenados a morrer en público non posuía ningún tipo de técnica aprendida (ars) e non levaba un equipamento defensivo ou ofensivo (munimenta) e só exhaltaba a barbarie e a crueldade do público e dos dirixentes.[1]

Os pobos bárbaros[editar | editar a fonte]

O costume dos xogos tamén foi empregado por outros pobos bárbaros, pero con distinta modalidade. Algunhas civilizacións degolaban os escravos ou os cativos ao pé dunha pira ou da tumba daquel que se quería honrar e en obsequio do cal se desenvolvían os xogos como vítimas expiatorias e para aplicar as súas manes.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Maxistrados e particulares celebraron xogos fúnebres en determinadas ocasións. Outras veces, xogos deste tipo formaban parte de certas obras de teatro. O emperador Claudio ordenou que estes xogos se celebrasen os días fixados a costa do estado e que os edís os coidaran, pero pouco despois aboliunos. Teodorico o Grande, rei dos godos, foi quen os aboliu definitivamente no século V. Ademais destes xogos, realizábanse outros combates que non remataban coa morte. A xente asistiunos con traxes de loito e ao funeral seguía un gran banquete ao que os invitados aparecían con roupa branca.

Despois da caída do imperio e na Idade Media, estes xogos foron substituídos por outros que tamén se resentían do carácter desa época na que os cabaleiros e os paladíns adestraban en varios exercicios de guerra representando diferentes simulacións. Nelas amosaban forza, axilidade e enxeño e daban proba de amor e cortesía ás súas damas, que a miúdo eran xuízas deses conflitos.

Actualidade[editar | editar a fonte]

A tradición dos simulacros de combate teñen vixencia en certos grupos de adoradores ou fans das culturas do mundo antigo, como os celtas, viquingos, romanos, e espartanos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Enciclopedia moderna: Dicionario universal de literatura, ciencias, artes, agricultura, industria e comercio. Tomo III. Francisco de Paula Mellado (impresor). 1851.