Apio Claudio Caudex
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | I milenio a. C. Roma Antiga |
| Morte | século III a. C. valor descoñecido |
| Senador romano | |
| valor descoñecido – valor descoñecido | |
| Cónsul romano | |
| 264 a. C. – 264 a. C. Xunto con: Marco Fúlvio Flaco (pt) | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, militar |
| Período | República romana temperá |
| Familia | |
| Familia | Claudii Crassi (en) |
| Cónxuxe | valor descoñecido |
| Pais | Caio Claudio Craso |
| Irmáns | Apio Claudio Cego |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Реальный словарь классических древностей по Любкеру |
Apio Claudio Caudex (en latín, App. Claudius C. p. App. n. Caudex) foi un patricio romano membro da gens Claudia. A denominación de "Caudex", provén da súa atención aos asuntos navais.[1] Era fillo de Caio Claudio Craso (quen fora ditador no 337),[1] e irmán de Apio Claudio Cego.[2] Serviu como cónsul no 264 a.C.[3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano do seu consulado, conduciu a Roma a un conflito con Cartago sobre a posesión de Sicilia. No 265 a.C, Hierón II de Siracusa atacou Messana (actual Messina) nunha tentativa para capturala dos mamertíns, mercenarios de Campania que se fixeran con ela algúns anos antes. Os mamertíns aliáronse cunha frota cartaxinesa próxima e expulsaron os de Siracusa, mais ao non marchar os cartaxineses, o marmetíns apelaron a Roma no 264 a.C.
Algúns senadores eran contrarios a darlles axuda, pero Apio Claudio conseguiu persuadir os cidadáns para darlles axuda.[1] Púxose á fronte dunha forza que se dirixiu a Messina, e ao chegar os marmetíns convenceran os cartaxineses para se retiraren, ofrecendo tan só unha resistencia simbólica. Os marmetíns entón entregaron a cidade aos romanos pero os cartaxineses volveron e puxeron sitio á cidade. Mentres, o exército de Siracusa tamén se situou fóra da cidade. Claudio intentou enviarlles embaixadores tanto os cartaxineses como os siracusanos pero non logrou resposta polo que enviou as súas tropas fóra da cidade, derrotando os siracusanos en batalla mentres Hierón volvía a Siracusa. Ao día seguinte Claudio tamén derrotou os cartaxinenses. Tras estas vitorias Apio puxo asedio a Segesta mais logo de perder moitas tropas regresou a Messana.[5]
Esta disputa foi unha das causas inmediatas da Primeira guerra púnica.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Broughton, T. Robert S. (1951). The Magistrates of the Roman Republic (volume I) (en inglés). Nova York: American Philological Association.
- Lindsay, H. (1995). Suetonius: Tiberius (en inglés). Londres: Bristol Classical Press.
- Smith, William, ed. (1867). "11. App. Claudius C. p. App. n. Caudex". Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol I (en inglés). Boston: Little Brown and Company. p. 769.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Quinto Fabio Máximo Gurges e Lucio Mamilio Vítulo |
Cónsul da República Romana xunto con Marco Fulvio Flaco 264 a.C |
Sucesor: Manio Valerio Máximo Mesala e Manio Otacilio Craso |