Saltar ao contido

Edil curul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edil curul
Imaxe
A toga praetexta era una vestimenta honorífica propia dos edís curules
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
aedilis curulis (la) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período
Localización
 Xurisdición
 País
Wikidata

O edil curul (en latín, aedilis) era unha maxistratura da antiga Roma. Era un chanzo do cursus honorum ou carreira política, ocupando un lugar intermendio entre o pretor e o cuestor[1] e eran designados polos Comicios Tribunados. Orixinalmente, esta maxistratura duraba un ano, para posteriormente pasar a ser cuadrienal e, na época de Xulio César, chegou a durar 6 anos[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aparece no 367 a. C.[2], durante a República Romana, ao mesmo tempo que a pretura[3], coa tarefa inicial de organizar algunhas celebracións. Era unha maxistratura de 2 persoas reservada inicialmente só para patricios, aínda que 3 anos despois foron admitidos tamén os plebeos[1]. Dende ese momento, exerceron a maxistratura alternativamente patricios e plebeos; posteriormente a designación foi independente da clase mais no 541 ab urbe condita (212 a. C.) volveuse á súa designación alternativa (patricios nos anos impares e plebeos nos anos pares). Máis tarde asumiron funcións policiais, sanitarias, morais, abastecementos, mercados, prezos, calidade, e organización de xogos. No entanto, as diferenzas entre curules e non curules fóronse acurtando e, si xa de por si é difícil distinguir entre as funcións dos edís das doutros maxistrados, aínda máis complicado é distinguir entre as función ou tarefas dos edís plebeos e dos curules. De tódolos xeitos, hai constancia de que había xogos e festividades asociadas especificamente a un tipo de edil. Por exemplo os Xogos Plebeos -Ludi Plebeii- eran administrados exclusivamente polos edís plebeos mentres que os Ludi Magni, Ludi Scenici e os Ludi Megalenses polos curules.[4]

O adxectivo de curul débese á cadeira de marfil na que tiñan dereito a se sentar para exerce-las súas funcións[5]. Plutarco explica a elección dos edís e sinala que os edís curules toman o seu nome da cadeira curul ou sella curulis:

Despois do Tribunado presentouse a pedir a Edilidade maior, porque hai dúas ordes de edís: unha, que toma o nome das cadeiras con pés curvos en que estes maxistrados sentan para despachar, e a outra, inferior, que se chama plebeo. Noméanse primeiro os de maior dignidade, e despois pásase a votar os outros.

Competencias

[editar | editar a fonte]

As súas competencias principais eran tres:

  • Cura urbis. Labor de policía e de mantemento da orde pública.[4]
  • Cura ludorum. Organización dos xogos e das festas públicas.
  • Cura annonae. Controlar o abastecemento de cereais e os prezos, e dos pesos e medidas. Tamén inspeccionaban o mercado de escravos e gandos.
  • Outras competencias: a imposición de multas en virtude da coercitio, pero estaban sometidos a la provocatio ad populum perante os comicios por tribos; tamén tiñan xurisdición civil e criminal e a capacidade de resolver os preitos menores relacionados co comercio, sobre todo dos contratos de compravenda de animais e escravos nos negocios das prazas dos mercados,[6] sempre baixo a supervisión do Pretor urbano; e levar a cabo unha regulación en materias de vicios ocultos.

Entre as diferentes características e beneficios outorgados aos edís atópanse numerosos poderes e atribucións. Os edís curules tiñan distintos privilexios como o de poder sentar na sella curulis, ou vestir a toga praetexta. Posuían, ademais, o Ius Imaginum ou dereito de gardar en casa as estatuas dos antepasados ilustres. Tiñan en exclusiva o Ius Edicendi, é dicir, o dereito a promulgar edictos -edicta-.

Evolución

[editar | editar a fonte]

Os edís quedaron moi postergados durante o Imperio do mesmo xeito que sucedeu con moitos outros cargos orixinados na República. Así, Augusto desposuíunos de varias atribucións, asignándolles varios dos seus labores a maxistrados de menor rango pero especializados nas devanditas tarefas. No entanto, este emperador conferiría aos curules novas misións, como a de apagar lumes, para o que lles dotou dun exército de 600 escravos. Non moito máis tarde esa misión pasaría a encomendarse ao Praefectus Vigilum. O cargo de edil extinguiuse definitivamente no século III, baixo o mandato de Alexandre Severo[7].

  1. 1 2 3 "Enciclopedia jurídica". Consultado o 18-04-2017.
  2. "República romana". universojus.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26-04-2017. Consultado o 18-04-2017.
  3. "Concepto de curul". deconceptos.com (en castelán). Consultado o 18-04-2017.
  4. 1 2 Vázquez Hoys, Ana Mª. "INSTITUCIONES POLÍTICAS DE LA REPÚBLICA ROMANA". uned.es. Arquivado dende o orixinal o 22-10-2020. Consultado o 24-05-2019.
  5. Middleton (1790), p. 93
  6. Betancort (2007), p. 68
  7. "República romana". universojus.com (en castelán). Consultado o 18-04-2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]