Apoloxética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

apoloxética[1] en teoloxía e literatura consiste na defensa sistemática dunha posición ou punto de vista. A palabra apoloxética vén do grego apoloxía (απολογία), que denota a posición de defensa militar contra un ataque.[2]

O primeiro en usar o termo con dúas connotacións é John Henry Newman que titula a súa autobiografía espiritualista Apologia Pro Vita Sua, en 1864. Pero as primeiras referencias poden atoparse na Apoloxía de Sócrates (na que Platón realiza a defensa de Sócrates durante o seu proceso), pero tamén algunhas das obras dos apoloxistas do inicio do cristianismo como as dúas apoloxías do mártir Xustino, dirixida ó emperador Marco Aurelio. Arngrímur Jónsson foi un estudoso islandés que no libro Brevis commentarius de Islandia criticaba o traballo que moitos autores escribiron sobre a xente e o país de Islandia.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para apoloxético.
  2. Diccionario de Filosofía. Biblioteca de Consulta Larousse (en castelán) (1a ed.). Barcelona: SPES Editorial (edición especial para RBA Editoriales). 2003. p. 11. ISBN 84-8332-398-2. 
  3. "Arngrímur Jónsson". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 17 de xullo de 2017. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.