Xosué
| Xosué | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
| Obra | |||||||||
|
Presente na obra
| |||||||||
|
Representado por
| |||||||||
| Biografía | |||||||||
|
Lugar de nacemento
| |||||||||
|
Data de nacemento
| |||||||||
|
Lugar de falecemento
| |||||||||
|
Data de falecemento
| |||||||||
|
Lugar de sepultura
| |||||||||
|
Circunstancias morte
| |||||||||
|
Grupo étnico
| |||||||||
|
Sexo
| |||||||||
|
Linguas faladas
| |||||||||
|
Relixión
| |||||||||
| Actividade | |||||||||
|
Alumno/a de
| |||||||||
|
Ocupación
| |||||||||
|
Cargo ocupado
| |||||||||
|
Residencia
| |||||||||
|
Conflito
| |||||||||
| Familia | |||||||||
|
Pai
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Xosué, Joshua ou Yehoshua (hebreo: יְהוֹשֻׁעַ, israelí: Yəhoshúa,Yehōšua, lit.: Iavé é salvación)[1] foi un xefe israelita que sucedeu a Moisés. A súa historia é narrada na Biblia, en concreto no Libro do Éxodo,[2] no Libro dos Números,[3] e máis no Libro de Xosué,[4] segundo os cales foi escollido por Iavé para suceder a Moisés como líder dos israelitas durante a conquista de Canaán.[5] Conquistou a maior parte do territorio da Terra Prometida e distribuíuno entre as Doce tribos de Israel.[6]
O seu nome de nacemento, segundo o Libro dos Números, era Oseas (hebreo: הושע Hōšēa), pero foi cambiado polo seu predecesor e mestre, Moisés. O relato bíblico sitúase cronoloxicamente arredor do 1230–1210 a. C..[7]
É venerado polo Xudaísmo, o Cristianismo e o Islam.[8]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo a tradición bíblica, Xosué pertencía á tribo de Efraím e foi un dos doce espías enviados por Moisés para explorar Canaán.[9] Tras a morte deste, recibiu de Deus o encargo de guiar o pobo e levar a cabo a conquista, incluída a célebre caída das murallas de Xericó.[10]

Na tradición xudía e cristiá é considerado un profeta e un exemplo de fidelidade á lei mosaica.
No cristianismo, a súa figura tamén é interpretada como un precedente simbólico de Xesús de Nazaret, dado que comparten a mesma etimoloxía do nome (Yehoshua/Yeshuá).[11]
A súa memoria é celebrada en distintas tradicións relixiosas, e o Libro de Xosué constitúe a primeira parte da chamada Historia Deuteronomista dentro do Antigo Testamento.[12]
Cultura contemporánea
[editar | editar a fonte]No ámbito cultural moderno, o nome aparece en obras de arte, literatura e mesmo na música contemporánea. A Joshua tree (Yucca brevifolia) é unha especie de iuca arbórea do deserto de Mojave, nos Estados Unidos, bautizada polos colonos mormóns en referencia bíblica a Xosué, e deu nome ao disco The Joshua Tree da banda irlandesa U2, que emprega a referencia de forma simbólica.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Anchor Bible dictionary. Nova York : Doubleday. 1992. ISBN 978-0-385-19351-1.
- ↑ Biblia, Libro do Éxodo 17:9–14
- ↑ Biblia, Libro dos Números 13:8
- ↑ "Capítulo 17. Libro de Xosué". abiblia.gal; Biblia. Consultado o 2025-09-06.
- ↑ The New Oxford Annotated Bible with Apocrypha, New Revised Standard Version (en inglés). 2018-04-01.
- ↑ Philip Wilkinson, Religiões (Religions, 2008), Río de Xaneiro: Zahar, 2011, p. 297.
- ↑ Catholic.net, consultado o 24 de agosto de 2014.
- ↑ Dentro do islam é coñecido como "Yusha" (Wilkinson, Religiões, p. 297).
- ↑ Biblia. Libro dos Números 13:8.
- ↑ Libro de Xosué 6:1–27.
- ↑ Blenkinsopp, Joseph (1996). A history of prophecy in Israel. Louisville, Kentucky : Westminster John Knox Press. ISBN 978-0-664-25639-5.
- ↑ Nelson, Richard (1997-04-15). Joshua: A Commentary (en inglés). Westminster John Knox Press. ISBN 978-0-664-22666-4.
- ↑ "U2 by U2". HarperCollins (en inglés). Consultado o 2025-09-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosué |