Xoán I de Galiza e León
Sepulcro na Catedral de Burgos | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1262 Sevilla, España |
Morte | 25 de xuño de 1319 (56/57 anos) Pinos Puente, España (pt) |
Lugar de sepultura | Capilla Mayor (en) |
Rexente | |
Actividade | |
Ocupación | rexente |
Familia | |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | María Díaz de Haro Margaret of Montferrat |
Fillos | Alfonso, Lord of Valencia de Campos () Margaret of Montferrat Juan de Haro () María Díaz de Haro |
Pais | Afonso X o Sabio e Violante de Aragón |
Irmáns | Beatriz de Castela Berenguela de Castela Violante de Castela Beatriz de Castela Sancho IV de Castela Pedro de Castela Fernando de La Cerda Jaime de Castela Alfonso Fernández el Niño Constança de Castela Leonor de Castela |
Xoán I de Galiza e León, nado en Sevilla cara a 1262 e finado en Pinos Puente (reino de Granada) o 25 de xuño de 1319, foi un fillo de Afonso X o Sabio e da raíña Violante de Aragón e Hungría.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Apoiado polo Rei Dinís I de Portugal, o infante Xoán aspirou á coroa de Castela, Galiza e León na hora da morte do seu pai Afonso X. Coroa que foi usurpada finalmente polo seu irmán Sancho IV en disputa tamén cos partidarios dos fillos do falecido herdeiro dos reinos Fernando de la Cerda. Derrotado, Xoán fuxiu o exilio, regresando na hora da morte de Sancho no 1295[1].
Foi nomeado titor do seu sobriño Fernando IV, e argumentando que o matrimonio de Sancho IV e a súa prima María de Molina non era válido por consanguinidade, erixiuse en cabeza de importantes grupos nobiliarios que o coroaron rei de Galiza, León e Sevilla no ano 1296[2]. A coroación de Xoán I expresa a vontade dos núcleos reitores da sociedade galega por contar cun reino de seu, arredado de Castela e achegado a Portugal. O apoio do Rei Dinís I e dos tres Adiantados Maiores que tivo o reino galego no período: Xoán Afonso de Alburquerque, Fernando Rodríguez de Castro e Paio Gómes Chariño, así o testemuñan[3]. A implicación da coroa portuguesa no proxecto contou mesmo coa conformidade do seu consello de estado e foi negociado na vila de Mota por Rodrigo Álvarez Osorio e o propio Dinís I[4]. Malia a este apoio, o rei Xoán viuse obrigado a pactar a renuncia ao título rexio no ano 1301.
Posteriormente, en 1312, tras a morte de Fernando IV, foi nomeado titor de Afonso XI. Señor de Valencia de Campos e señor consorte de Biscaia polo seu matrimonio con María Díaz de Haro. Foi ademais señor de Baena, Luque, Zuheros, Lozoya, Villalón, Oropesa, Santiago de la Puebla, Melgar de Arriba, Paredes de Nava, Medina de Rioseco e Castronuño, ademais de ser alférez do rei durante os períodos comprendidos entre 1277-1278 e 1283-1284. Morreu no Desastre de la Vega de Granada, acaecido o 25 de xuño de 1319.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. pp. 400–403. ISBN 978-84-8341-293-0.
- ↑ Boto Varela, Gerardo (2004). "Congreso Internacional "La Catedral de León en la Edad Media"". Sobre reyes y tumbas en la catedral de León (PDF). Universidad de León. pp. 305–365. ISBN 84-9773-161-1.
- ↑ González López, Emilio (1980). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. p. 422. ISBN 84-7154-303-6.
- ↑ González López, Emilio (1980). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. pp. 422–425. ISBN 84-7154-303-6.
...e el pleito havianle tratado e puesto de esta manera, que diesen luego al infante Don Juan todo el reino de Galicia, e que se llamase ende Rey, e que toviese en su vida la ciudad de León e todos los lugares que havia tomados - Crónica del Rey don Fernando IV
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Xoán I. O restaurador da independencia da Galiza. |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xoán I, o fillo de Afonso X que restaurou a independencia de Galiza Arquivado 10 de agosto de 2018 en Wayback Machine.- Sermosgaliza.
Xoán I de Galiza e León Nacemento: 1264 Falecemento: 25 de Xuño 1319
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Fernando IV
|
Rei de Galicia 1296–1300 |
Sucedido por Fernando IV |
Rei de León 1296–1300 | ||
Rei de Sevilla 1296–1300 |