Xesús Constela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXesús Constela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , mestre Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa
LinguaLingua galega, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

AELG: 318

Xesús Constela Doce, nado en Ferrol o 2 de xaneiro de 1963, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía inglesa pola Universidade de Salamanca en 1986, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Residente na localidade de Poio, foi profesor de inglés de secundaria até 2022 e tamén colaborador habitual do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol entre os anos 2004 e 2009.

En 2008, baixo o título de Como se fixo o primeiro alfabeto, publicou en Edicións Embora a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. Gañador da XV edición do Premio Torrente Ballester fallado na Coruña en decembro de 2003 co libro de relatos As humanas proporcións, obra publicada pola Editorial Galaxia no ano 2004 e galardoada no ano 2005 co premio da Asociación Española de Críticos Literarios na modalidade de Narrativa en Galego.

As humanas proporcións é unha colección de doce relatos escritos con técnicas diversas. O libro percorre distintas facetas da vida humana: o nacemento e a vellez, o corpo humano cambiante, e tamén a desesperación e a morte, o poder e a procura da liberdade, a violencia individual e a social, o amor e a parella.

No ano 2007 publicou na Editorial Galaxia a novela Libro das alquimias. Concibida coma un agasallo para os seus fillos, a quen está dedicada, presenta a historia dun rapaz que descobre no baixo da súa casa a presenza dun misterioso vello que acabará por cambiar para sempre a súa vida. O rapaz vai asistir, entre outras marabillas, á traballosa construción da Biblioteca de Alexandría e logo á súa decadencia e destrución, e tamén vai coñecer a fascinante vida da matemática e astrónoma Hipatia. Vai saber ben máis do que trae a enciclopedia que consulta decote. E o mecano, que era o seu xogo preferido, vai quedar esquecido no cuarto diante deste novo mundo tan atractivo que se lle abre.

En 2008 resultou gañador do XX Premio de Novela Manuel García Barros do Concello da Estrada coa obra Shakespeare destilado, publicada pola Editorial Galaxia en 2008, unha metáfora irónica en clave humorística sobre o mundo da literatura. Trátase dun extenso monólogo escrito nunha linguaxe directa e coloquial que pon en dúbida a ficción tradicional como convención xogando coa tradición literaria de William Shakespeare.

Dende o ano 2021 publica artigos sobre viaxes no xornal dixital Pontevedra Viva nunha sección propia titulada "Retallos de Mundo"[1].

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Presentación de Lisa deitada, con Manuel Lourenzo González e Miguel Toval (editor). Casa da Luz, Pontevedra, 09/04/2019

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Como se fixo o primeiro alfabeto, de Rudyard Kipling, 2008, Edicións Embora.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia,
  • Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica, 2015, Urco Editora/Contos Estraños.
  • Contos do Sacaúntos. Romasanta, o reo. 2017 Urco Editora/Fundación Vicente Risco.
  • Contos do Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. 2018. Dr. Alveiros/Fundación Vicente Risco
  • Contra o vento. 30 anos do premio Manuel García Barros. 2018. Galaxia

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xesús Constenla". Pontevedra Viva. 
  2. "Shakespeare destilado". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17. 
  3. "15.724. Edicións Xerais de Galicia. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-04-03. 
  4. "Edicións Embora - Título Apoteose das perchas". www.edicionsembora.es. Consultado o 2019-04-03. 
  5. Nicolás, Ramón (2015-03-09). "Apoteose das perchas, de Xesús Constela". Caderno da crítica. Consultado o 2019-04-03. 
  6. "Cando escribir é arriscar: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. No blog das Bibliotecas de Redondela. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-04-03. 
  7. Xolda.com. "Edicións Embora - Título Lisa deitada". www.edicionsembora.es. Consultado o 2019-04-03. 
  8. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-04-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]