Saltar ao contido

Xecónidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xecónidos
Gekkonidae

Gekko gecko, a especie tipo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Subclase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Gekkota
Familia: Gekkonidae
J. R. Gray, 1825
Xéneros
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A dos xecónidos,[1] Gekkonidae, é a familia máis grande de réptiles escamosos lacertilios que comprende os xecos comúns, xa que contén máis de 950 especies descritas en 61 xéneros.[2][3][4][5][6]

O xecónidos encóntranse nas zonas de climas temperados e tropicais de todo o mundo, sendo particularmente numerosas as especies que habitan nas úlimas mencionadas.

As especies máis numerosas son as dos xéneros Hemidactylus, Gekko, Phelsuma, Lepidodactylus e Gehyra.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray.[7]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Gekkoninae está formado sobre a base da raíz do nome do xénero tipo Gekko, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio das familias de animais.

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

A especie coñeceuse tamén polo sinónimo da subfamilia:

descrita polo herpetólogo alemán Nicolaus Michael Oppel en Die Ordnungen, Familien und Gattungen der Reptilien, als Prodrom einer Naturgeschichte derselben. München: J. Lindauer.

A familia dos xecónidos comprende os xéneros seguintes:[8][9]

Características

[editar | editar a fonte]

Son lagartos de pequeno a mediano tamaño de corpo rugoso e deprimido, ollos prominentes con pupila vertical e sen pálpebras, patas provistas de láminas adhesivas que lles permiten adherirse ás superficies e cola da que se poden desprender en caso de perigo.

Superficie palmar dun Gekko gecko.

Os xecos teñen varios trazos peculiares que os distinguen claramente doutros lagartos. Son únicos pola súa vocalización, xa que emiten sons estridentes nas súas interaccións con outros xecos. Son de hábitos nocturnos, con ollos enormes e dotados de pupilas verticais lobuladas que permiten unha extraordinaria marxe de variación na súa abertura. Moitas especies teñen almofadiñas adhesivas nas plantas dos pés que lles permiten escalaren superficies lisas verticais e incluso transitaren polos teitos das casas con facilidade. Estas habilidades son ben coñecidas entre as persoas que viven en climas temperados, subtropicais e tropicais, onde varias especies de gecos adoitan pasaren ao interior das casas. Estas especies (por exemplo a osga) case forman parte do mobiliario e raramente son molestadas, dado que se alimentan de insectos.

Prestouse moita atención ás patas dos xecos, xa que se adhiren a moitos tipos de superficie sen necesidade de líquidos ou de tensión superficial. Recentes estudos das sedas (peliños) das plantas dos pés destes animais demostraron que as forzas atractivas que mantenen os xecos adheridos ás superficies son as forzas de Van der Waals.

A cor da maioría das especies varía entre tons pardos e gris escuro. Algunhas poden cambiar de cor para camuflarse co contorno ou cando se estresan. Porén hai outras que teñen cores brillantes.

Moitas especies de xecos son usadas como mascotas.

Bioloxía e ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Os xecónidos son lagartos xeralmente nocturnos e arborícolas. Como a maioría dos lagartos, comen insectos. Os xecos son os únicos escamosos cuxos ovos posúen casca dura.[10] Algunhas especies son partenoxenéticas, é dicir, as femias poden reproducírsense sen copular cun macho. Isto aumenta a capacidade destes xecos para estendérense ás illas. Moitos xecos viven en grupos e emiten chíos e outras vocalizacións para comunicárense entre eles.

Un caso notábel é o dos xecos do xénero Ptychozoon, que teñen membranas de pel nas patas e nos costados do corpo que actúan como paracaídas para suavizar os seus descensos cando se lanzan dunha árbore a outra.

Evolución

[editar | editar a fonte]

O xecónidos volucionaron probabelmente durante o Cretáceo inferior e, hai uns 100 millóns de anos xa estaban ben adaptados para un estilo de vida escansorial,[11] un tipo de locomoción caracterizada polos movementos rápidos de escape.[12]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Pyron e colaboradores presentaron en 2013 a seguinte clasificación dos xéneros dos xecónidos, baseada na filoxenética molecular.[13]

Gekkonidae 

Lepidodactylus, Pseudogekko, Luperosaurus, Gekko, Dixonius, Heteronotia, Nactus, Hemiphyllodactylus, Gehyra

Alsophylax, Tropiocolotes, Cnemaspis, Mediodactylus, Pseudoceramodactylus, Tropiocolotes, Stenodactylus, Bunopus, Crossobamon, Agamura, Cyrtopodion, Cyrtodactylus, Hemidactylus

Perochirus, Urocotyledon, Ebenavia, Paroedura, Ailuronyx, Calodactylodes, Ptenopus, Narudasia, Cnemaspis, Uroplatus, Paragehyra, Christinus, Afrogecko, Cryptactites, Matoatoa, Afroedura, Geckolepis, Homopholis, Blaesodactylus, Goggia, Rhoptropus, Elasmodactylus, Chondrodactylus, Colopus, Pachydactylus, Cnemaspis, Rhoptropella, Lygodactylus, Phelsuma

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xecónidos.
  2. Han, D.; K. Zhou, & A. M. Bauer (2004): "Phylogenetic relationships among gekkotan lizards inferred from c-mos nuclear DNA sequences and a new classification of the Gekkota". Biological Journal of the Linnean Society 83: 353– 368.
  3. Gamble, T., A. M. Bauer, E. Greenbaum, & T. R. Jackman (2008): "Out of the blue: A novel, trans-Atlantic clade of geckos (Gekkota, Squamata)". Zoologica Scripta 37: 355-366.
  4. Gamble, T., A. M. Bauer, E. Greenbaum, & T. R. Jackman (2008): "Evidence for Gondwanan vicariance in an ancient clade of gecko lizards". Journal of Biogeography 35: 88-104.
  5. Gamble, T., A. M. Bauer, G. R. Colli, E. Greenbaum, T. R. Jackman, L. J. Vitt & A. M. Simons (2011): "Coming to America: Multiple Origins of New World Geckos". Journal of Evolutionary Biology 24: 231-244.
  6. Gamble, T., E. Greenbaum, T. R. Jackman, A. P. Russell & A. M. Bauer (2012): "Repeated origin and loss of adhesive toepads in geckos". PLoS ONE 7: e39429 Arquivado 26 de agosto de 2014 en Wayback Machine..
  7. Gekkonidae en Wikispecies.
  8. Uetz, P. & Jirí Hošek (eds.): The Reptile Database.
  9. Gekkonidae no ITIS.
  10. Young, J. Z. 1977.
  11. Gabriela Fontanarrosa, Juan D. Daza & Virginia Abdala (2017): "Cretaceous fossil gecko hand reveals a strikingly modern scansorial morphology: Qualitative and biometric analysis of an amber-preserved lizard hand". Cretaceous Research. doi: https://doi.org/10.1016/j.cretres.2017.11.003.
  12. escansorial Arquivado 31 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en ecodiversidad.pireca.com (en castelán).
  13. Pyron, R. Alexander, Frank T. Burbrink & John J. Wiens (2013): "A phylogeny and revised classification of Squamata, including 4161 species of lizards and snakes". BMC Evolutionary Biology 2013 13: 93. doi 10.1186/1471-2148-13-93

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arnold, E. N. & Poinar, G. (2008): "A 100 million year old gecko with sophisticated adhesive toe pads, preserved in amber from Myanmar". Zootaxa 1847: 62–68.
  • Barrio-Amorós, C. L. & Ortiz, J. C. (2016): "Venezuelan geckos (Gekkonidae, Phyllodactylidae, Sphaerodactylidae) in the collection of the Universidad de Concepción in Chile, with description of the type series of Gonatodes ligiae and Gonatodes petersi (Sphaerodactylidae)". Zootaxa 4136 (3): 537–552.
  • Han, D.; Zhou, K. & Bauer, A. M. (2004): "Phylogenetic relationships among gekkotan lizards inferred from C-mos nuclear DNA sequences and a new classification of the Gekkota". Biological journal of the Linnean Society 83 (3): 353–368.
  • King, C. M., Roberts, C. D., Bell, B. D., Fordyce, R. E., Nicoll, R. S., Worthy, T. H., Paulin, C. D., Hitchmough, R. A., Keyes, I. W., Baker, A. N., Stewart, A. L., Hiller, N., McDowall, R. M., Holdaway, R. N., McPhee, R. P., Schwarzhans, W. W., Tennyson A. J. D., Rust, S. & McCadie, I. (2009): "Phylum Chordata: lancelets, fishes, amphibians, reptiles, birds, mammals. Pp. 431–551, en: Gordon, D. P. (ed.) New Zealand inventory of biodiversity. Volume 1. Kingdom Animalia. Radiata, Lophotrochozoa, Deuterostomia. Christchurch, New Zealand: Canterbury University Press. ISBN 978-1-8772-5772-8.
  • Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 84-2820-206-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]