Wish (álbum)
- Este artigo trata sobre o álbum de The Cure, para o sinxelo de Nine Inch Nails véxase "Wish".
| Wish | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| The Cure | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
Wish é o noveno álbum de estudio da banda inglesa The Cure, editado o 21 de abril de 1992. É o último traballo de estudio do grupo con Boris Williams e o primeiro con Perry Bamonte, ademais de ser o último con Porl Thompson despois de 16 anos.
A pesar de non ser tan ben recibido pola crítica como Disintegration, Wish é o álbum de The Cure que máis alto chegou nas listas, dándolle o seu primeiro número 1 no Reino Unido e 2 nos Estados Unidos, onde vendeu máis de 1,2 millóns de copias.
O seu segundo sinxelo, "Friday I'm in Love", converteuse nunha das cancións máis coñecidas da banda, acadando o número 6 no Reino Unido, o 17 nos Estados Unidos e o 1 en Suráfrica.
A popularidade do álbum fixo que The Cure estivese nomeado ao Grammy ao mellor álbum de música alternativa de 1993.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por The Cure (Perry Bamonte, Simon Gallup, Robert Smith, Porl Thompson, Boris Williams).
| N.º | Título | Duración |
|---|---|---|
| 1. | "Open" | 6:51 |
| 2. | "High" | 3:37 |
| 3. | "Apart" | 6:40 |
| 4. | "From the Edge of the Deep Green Sea" | 7:44 |
| 5. | "Wendy Time" | 5:13 |
| 6. | "Doing the Unstuck" | 4:24 |
| 7. | "Friday I'm in Love" | 3:39 |
| 8. | "Trust" | 5:33 |
| 9. | "A Letter to Elise" | 5:14 |
| 10. | "Cut" | 5:55 |
| 11. | "To Wish Impossible Things" | 4:43 |
| 12. | "End" | 6:45 |
EP Lost Wishes
Catro temas instrumentais tomados das sesións para o Wish. Editado en 1994 como edición limitada en casete e só a través de pedidos por correo.
| Cara A | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 12. | "Uyea Sound" | 5:21 | |||||||
| 13. | "Cloudberry" | 5:19 | |||||||
| Cara B | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 14. | "Off to Sleep..." | 3:38 | |||||||
| 15. | "The Three Sisters" | 4:11 | |||||||