Seventeen Seconds
Seventeen Seconds | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Cure | ||||
Publicado | 22 de abril de 1980 | |||
Estudio(s) | Morgan Studio One | |||
Duración | 35:40 | |||
Xénero(s) | post-punk, rock gótico | |||
Selo(s) | Fiction Records | |||
Produtor | Mike Hedges e Robert Smith | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
https://www.thecure.com/release/seventeen-seconds/ | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Seventeen Seconds é o segundo álbum de estudio da banda inglesa The Cure, editado en abril de 1980 polo selo Fiction Records. É o único álbum da banda onde aparece o teclista Matthieu Hartley. O disco acadou o posto número 20 nas listas británicas de álbums e aparece no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die (1001 álbums que debes escoitar antes de morrer).
O disco foi re-editado no ano 2005 como parte da serie "Deluxe Edition" de Universal. Esta edición contaba co disco orixinal re-masterizado e un segundo disco con demos e cancións ao vivo.
Historia
[editar | editar a fonte]Ao final da xira de The Cure de 1979 polo Reino Unido como abreconcertos de Siouxsie and the Banshees, Robert Smith falaba cada vez menos co baixista Michael Dempsey. As primeiras versións de "Play for Today" e "M" foran interpretadas nalgúns concertos, pero a Dempsey non lle gustaba a nova dirección musical que Smith quería coller. Smith comentou: "Penso que a gota que desbordou o vaso chegou cando lle toquei a Michael as demos para o seguinte álbum e odiounas. Quería que fósemos a segunda parte de XTC e - de ser algo - eu quería que fósemos a segunda parte dos Banshees. Así que marchou".[1] Tocar a guitarra cos Banshees durante dous meses e aprender as súas cancións abriu o horizonte de Smith. "Permitíume pensar máis aló sobre o que estabamos a facer. Quería ter unha banda que fixese o que Steven Severin e Budgie fan, onde só teñen unha liña de baixo e unha parte de batería e Siouxsie laméntase".[2] Os discos que Smith escoitou con frecuencia durante a composición do álbum foron Five Leaves Left de Nick Drake, Isle of Wight de Jimi Hendrix, Astral Weeks de Van Morrison e Low de David Bowie.[1] Smith compuxo as letras e a música da meirande parte do disco na casa dos seus pais, usando un órgano Hammond cunha gravadora incorporada. Nunha entrevista en 2004, o produtor Mike Hedges non lembraba ningunhas pistas demo, tocando normalmente a banda o tema no estudio antes de colocar unha pista de acompañamento e de engadirlle overdubs.[3]
Dous membro de The Magazine Spies, o baixista Simon Gallup e o teclista Matthieu Hartley, pasaron a formar parte do grupo.[4] Gallup substituíu a Dempsey, o cal aliviou a Smith xa que pensaba que as liñas de baixo de Dempsey eran demasiado pomposas. O traballo cos sintetizadores de Hartley engadiu unha nova dimensión ao novo son etéreo da banda, aínda que posteriormente chocaría con Smith pola complexidade; a Hartley gustábanlle os acordes complexos pero Smith quería notas sinxelas.[3]
Debido a restricións económicas, o álbum gravouse e mesturouse en sete días cun presuposto de entre 2 000 e 3000 libras, polo que a banda traballou de 16 a 17 horas por día.[3] Smith dixo que como resultado, o tema "The Final Sound", que tería que ser moito máis longo, quedou reducido a 53 segundos porque a cinta acabouse durante a gravación e a banda non puido gravar outra vez. O álbum, principalmente unha colección de temas pesimistas, presente voces ambientais con ecos e coa dirección sónica levada polo son da batería.[3][5]
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as letras escritas por Robert Smith, toda a música composta por The Cure (Smith, Matthieu Hartley, Simon Gallup e Lol Tolhurst).
Cara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "A Reflection" | 2:12 | |||||||
2. | "Play for Today" | 3:40 | |||||||
3. | "Secrets" | 3:20 | |||||||
4. | "In Your House" | 4:07 | |||||||
5. | "Three" | 2:36 |
Cara B | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
6. | "The Final Sound" | 0:52 | |||||||
7. | "A Forest" | 5:55 | |||||||
8. | "M" | 3:04 | |||||||
9. | "At Night" | 5:54 | |||||||
10. | "Seventeen Seconds" | 4:00 |
Disco extra da edición de luxo en CD de 2005 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "I'm a Cult Hero" (sinxelo en vinilo de Cult Hero, decembro de 1979) | 2:59 | |||||||
2. | "I Dig You" (sinxelo en vinilo de Cult Hero, decembro de 1979) | 3:40 | |||||||
3. | "Another Journey by Train (AKA 44F)" (demo instrumental caseira, xaneiro de 1980) | 3:12 | |||||||
4. | "Secrets" (demo instrumental caseira, xaneiro de 1980) | 3:40 | |||||||
5. | "Seventeen Seconds" (ao vivo en Ámsterdam, xaneiro de 1980) | 3:59 | |||||||
6. | "In Your House" (ao vivo en Ámsterdam, xaneiro de 1980) | 3:32 | |||||||
7. | "Three" (mestura alternativa, febreiro de 1980) | 2:45 | |||||||
8. | "I Dig You" (directo de Cult Hero no Marquee Club, Londres, marzo de 1980) | 3:36 | |||||||
9. | "I'm a Cult Hero" (directo de Cult Hero no Marquee Club, Londres, marzo de 1980) | 3:21 | |||||||
10. | "M" (ao vivo en Arnhem, maio de 1980) | 2:56 | |||||||
11. | "The Final Sound" (ao vivo en Francia, xuño de 1980) | 0:26 | |||||||
12. | "A Reflection" (ao vivo en Francia, xuño de 1980) | 1:39 | |||||||
13. | "Play for Today" (ao vivo en Francia, xuño de 1980) | 3:46 | |||||||
14. | "At Night" (ao vivo en Francia, xuño de 1980) | 5:37 | |||||||
15. | "A Forest" (ao vivo en Francia, xuño de 1980) | 6:28 |
Nota
- A versión estadounidense en casete ten "A Forest" na cara A e "Play for Today" na B. A portada tamén é distinta, con algunhas pólas de árbores á esquerda e unha mancha vermella na parte inferior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Oldham, James (febreiro de 2000). "Bad Medicine". Uncut. No. 33. pp. 37-43.
- ↑ Fitzpatrick, Rob (agosto de 2012). "Glass Half Empty". The Word. No. 114. pp. 74-79.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "CLASSIC TRACKS: The Cure 'A Forest'". Sound On Sound. Consultado o 2021-12-05.
- ↑ Black, Johnny (2005). Seventeen Seconds (libreto do CD). The Cure (deluxe ed.). Universal Music Group.
- ↑ "The Cure: Seventeen Seconds / Faith / Pornography". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-12-05.