Killing an Arab
| Killing an Arab | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| The Cure | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
"Killing an Arab" é o primeiro sinxelo da banda inglesa The Cure. Foi gravado ao mesmo tempo que o seu LP no Reino Unido, Three Imaginary Boys (1979), pero non foi incluído nel. Porén, apareceu no primeiro álbum do grupo en Estados Unidos, Boys Don't Cry (1980).
Historia
[editar | editar a fonte]O compositor, Robert Smith, afirmou que a canción foi "un leve intento poético de condensar as miñas impresións sobre os momentos clave da novela O estranxeiro (de Albert Camus). As letras describen un tiroteo nunha praia, no que o árabe do título é asasinado polo narrador. Na historia de Camus, a personaxe principal, Meursault, dispara a un árabe que está "de pé nunha praia" ("Standing on a Beach"), tras "mirar ao mar" e cegarse totalmente polo sol, reflectido no mar, a area e o coitelo que o árabe suxeita coas súas mans.
A canción foi sempre fonte de controversia, xa que moitas veces foi considerada erroneamente racista por supostamente promover a violencia contra os árabes. En Estados Unidos a primeira compilación de sinxelos de The Cure, Standing on a Beach (1986), editouse cun adhesivo advertindo contra a utilización racista da canción. Durante a guerra do Golfo e tras os atentados do 11 de setembro a canción volveu a xerar polémica. "Killing an Arab" foi o único sinxelo da época de Three Imaginary Boys que non foi incluído na reedición de 2004 de dito álbum.
O tema foi usado durante 2005 na xira europea da banda. As letras foron cambiadas de "Killing an Arab" (matar a un árabe) a "Kissing an Arab" (bicar a un árabe). Na actuación do 1 de abril de 2006 no Royal Albert Hall de Londres, as letras cambiaron a "Killing Another" (matar a outro). Smith cantou unha versión completamente nova do primeiro verso da canción.
A súa letra serve como nome para dous recompilatorios de The Cure, Standing on a Beach, e a versión CD/VHS do mesmo, Staring at the Sea.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "Killing an Arab"
- "10:15 Saturday Night"