Fiction Records é un selo discográfico británico fundado en 1978 por Chris Parry e coñecido sobre todo por ser a discográfica que editou os traballos de The Cure durante 20 anos. Fundouse como un selo independente pero na actualidade pertence a Polydor, unha subsidiaria do Universal Music Group.
Durante esta época, o selo editou a outros grupos notables do underground británico, como Eat e The Associates.
Tras permanecer inactiva durante algúns anos pola perda de The Cure, o selo foi reactivado no 2004 por Joe Munns, Paul Smernicki e Jim Chancellor, formalmente como un selo dentro de Polydor.
O primeiro lanzamiento da nova etapa foi o sinxelo "Run", da banda Snow Patrol, que entrou nas listas británicas no quinto posto, e o álbum Final Straw, que vendeu máis de 2 millóns de copias. En maio do 2006, Fiction editou un segundo álbum de Snow Patrol, que se converteu no primeiro número un da banda. Outros artistas do selo na súa época actual son, entre outros, Ian Brown, Yeah Yeah Yeahs, The Grates, Stephen Fretwell, Humanzi e White Lies.