4:13 Dream

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

4:13 Dream
Álbum de The Cure
Gravación2006 - 2008
Duración52:28
Xénero(s)rock alternativo, post-punk
Selo(s)I AM, Geffen
Producido porRobert Smith, Keith Uddin
Cronoloxía
The Cure 4:13 Dream -

4:13 Dream é un álbum da banda inglesa The Cure, editado o 27 de outubro do 2008 polo selo Geffen Records despois de anunciarse varias datas previas.

Orixinalmente concibiuse como disco dobre e nas sesións de gravación rexistráronse 33 temas, pero finalmente lanzouse como un único disco. Sacáronse catro sinxelos do álbum, pero ningún foi acompañado de vídeos musicais. 4:13 Dream tivo unha recepción desigual por parte da crítica especializada, e a día de hoxe[cando?] leva vendidas ao redor de 200 000 copias en todo o mundo.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Underneath the Stars" – 6:17
  2. "The Only One" – 3:57
  3. "The Reasons Why" – 4:35
  4. "Freakshow" – 2:30
  5. "Sirensong" – 2:22
  6. "The Real Snow White" – 4:43
  7. "The Hungry Ghost" – 4:29
  8. "Switch" – 3:44
  9. "The Perfect Boy" – 3:21
  10. "This. Here and Now. With You" – 4:06
  11. "Sleep When I'm Dead" – 3:51
  12. "The Scream" – 4:37
  13. "It's Over" – 4:16