Entreat
| Entreat | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| The Cure | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Entreat é un álbum en directo da banda inglesa The Cure, gravado no Wembley Arena de Londres en xullo de 1989 e publicado o 11 de setembro de 1990 a través do selo Fiction Records.[1] Está composto enteiramente por temas do seu álbum Disintegration. Entreat foi distribuído exclusivamente en Francia como unha ferramenta promocional. Porén, cando as gravacións piratas comezaron a aparecer o álbum tivo unha edición limitada en Europa.
Os dous últimos temas foron lanzados en 1989 como caras-b da versión estadounidense de "Lullaby". As cancións "Fascination Street", "Last Dance", "Prayers For Rain" e "Disintegration" tamén están incluídas no sinxelo "Pictures of You".
A re-edición de Disintegration no ano 2010 contaba cunha versión remasterizada e remesturada de Entreat, titulada Entreat Plus xa que conta coas doce cancións do álbum, incluídas as catro que foron excluídas de Entreat.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]| N.º | Título | Duración |
|---|---|---|
| 1. | "Pictures of You" | 7:08 |
| 2. | "Closedown" | 4:23 |
| 3. | "Last Dance" | 4:41 |
| 4. | "Fascination Street" | 5:20 |
| 5. | "Prayers for Rain" | 4:49 |
| 6. | "Disintegration" | 7:41 |
| 7. | "Homesick" | 6:49 |
| 8. | "Untitled" | 6:33 |
Entreat Plus
[editar | editar a fonte]| N.º | Título | Duración |
|---|---|---|
| 1. | "Plainsong" | 5:19 |
| 2. | "Pictures Of You" | 7:04 |
| 3. | "Closedown" | 4:22 |
| 4. | "Lovesong" | 3:24 |
| 5. | "Last Dance" | 4:37 |
| 6. | "Lullaby" | 4:14 |
| 7. | "Fascination Street" | 5:10 |
| 8. | "Prayers For Rain" | 4:50 |
| 9. | "The Same Deep Water As You" | 10:03 |
| 10. | "Disintegration" | 7:54 |
| 11. | "Homesick" | 6:47 |
| 12. | "Untitled" | 6:45 |