Matthieu Hartley

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Matthieu Hartley
Nacemento4 de febreiro de 1960 (60 anos)
OrixeSmallfield, Inglaterra Inglaterra
Ocupaciónmúsico
Instrumento(s)teclados
Relacionado conLockjaw, The Magazine Spies, The Cure, Fools Dance
Tempo en activo1979 - 1983
editar datos en Wikidata ]

Matthieu Hartley, nado o 4 de febreiro de 1960, é un músico inglés procedente de Smallfield. É coñecido por ter sido o teclista orixinal de The Cure, pero antes diso estivo ao lado de Simon Gallup noutras dúas bandas chamadas Lockjaw e The Magazine Spies.

Cando Matthieu e Simon uníronse por vez primeira a The Cure, axudaron a impulsar á banda cara unha nova dirección coa gravación do seu segundo álbum, Seventeen Seconds, moito máis escuro que a súa estrea con Three Imaginary Boys. Matthieu tamén foi un dos teclistas do proxecto Cult Hero. Despois dunha longa xira mundial para promocional Seventeen Seconds, deixou o grupo debido a unha diferenza de opinións cos outros tres membros. Dende que deixou The Cure tocou en distintas bandas locais, incluída Fools Dance nas súas primeiras etapas, e traballou nun zoo e de obreiro. Aínda está en contacto con Robert Smith, e vive preto del.