Perry Bamonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perry Bamonte
Nome completoPerry Archangelo Bamonte
Data nacemento3 de setembro de 1960 (63 anos)
Nado enLondres, Inglaterra Inglaterra
Ocupaciónguitarrista e teclista
Instrumento(s)teclados, guitarra
Relacionado conThe Cure
Na rede
http://http://www.thecure.com/
IMDB: nm1017578 Allmovie: p301685
Musicbrainz: 6202014c-9c05-45a4-a23f-21d27abcb0df Discogs: 423495 Allmusic: mn0000315335 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Perry Archangelo Bamonte (nado o 3 de setembro de 1960 en Londres, Inglaterra) é un músico anglo-italiano coñecido polo seu traballo coa banda The Cure.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bamonte uniuse a The Cure no ano 1990, substituíndo a Roger O'Donnell nos teclados. Máis tarde asumiría o papel de guitarrista, compartido con Robert Smith, despois da saída de Porl Thompson en 1993. Bamonte axudou a producir os álbums Wish, Wild Mood Swings, Bloodflowers e The Cure. Perry foi acreditado por escribir a música dos temas "Trust" do Wish, "This Is a Lie" do Wild Mood Swings e "Anniversary" do The Cure. Tamén aparece nos álbums ao vivo Paris e Show e no vídeo Trilogy. O seu irmán máis novo, Daryl Bamonte, tamén traballou en The Cure como director de xira, labor que tamén realizou con Depeche Mode.

No ano 2005 os dous irmáns foron inesperadamente despedidos da banda xunto con Roger O'Donnell. Perry foi rapidamente substituído por Porl Thompson. Na súa primeira intervención dende entón, Bamonte afirmou descoñecer as razóns do seu despedimento.