No ano 2006 o ábum foi reeditado por Universal, a través dos seus selos Fiction Records/Polydor Records, remasterizado dixitalmente con varias demos e cancións ao vivo da época. Incluironse as demos das catro caras-b da época ("The Exploding Boy", "A Few Hours After This", "A Man Inside My Mouth" e "Stop Dead"), e catro cancións que nunca se editaran. Os temas restantes son demos ou versións ao vivo das 10 cancións do primeiro disco. Esta edición foi publicada o 8 de agosto nos Estados Unidos (onde o álbum foi lanzado por Rhino Entertainment/Elektra Records) e o 14 de agosto no Reino Unido.
Unha das catro novas cancións, "Mansolidgone", é semellante tanto musicalmente como na letra a outra demo, "A Hand Inside My Mouth" (non confundir con "A Man Inside My Mouth"), que aparece na edición de luxo de The Top. As letras de ámbalas dúas cancións, e o demo "Lime Time" teñen letras que serían usadas posteriormente nas cancións "Inbetween Days" e "Six Different Ways".