Bronisław Malinowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bronisław Malinowski
Bronislawmalinowski.jpg
Nacemento7 de abril de 1884
 Cracovia
Falecemento16 de maio de 1942
 New Haven, Connecticut
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoConnecticut
NacionalidadeImperio Austrohúngaro, Reino Unido, Estados Unidos de América e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Educado enUniversidade Iaguelónica de Cracovia, Universidade de Leipzig e London School of Economics
Ocupaciónantropólogo, catedrático de universidade, sociólogo, investigador e catedrático de universidade
PremiosMessenger Lectures
editar datos en Wikidata ]

Bronisław Malinowski, nado en Cracovia (Polonia) o 7 de abril de 1884 e finado o 16 de maio de 1942, foi un antropólogo polaco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Cracovia (Polonia) cando formaba parte da provincia austrohúngara Reino de Galicia e Lodomeria, nunha familia de clase media alta, o seu pai era profesor e a súa nai era filla dun terratenente.

Dende 1910, Malinowski estudou economía na London School of Economics, dándolle clases Seligman e Westermarck, analizando os patróns de cambio na Australia aborixe mediante documentos etnográficos. En 1914 déronlle a oportunidade de viaxar a Nova Guinea co antropólogo R.R. Marett, pero como estalou a primeira guerra mundial e Malinowski era austríaco, inimigo da Commonwealth británica, non puido realizar a súa viaxe de volta de Inglaterra. O goberno australiano, con todo, deulle permiso e fondos para realizar un traballo etnográfico nos seus territorios e Malinowski escolleu ir ás illas Trobriand (Melanesia) onde permaneceu varios anos, estudando a cultura indíxena. Tras o seu regreso a Inglaterra despois da guerra, publicou Argonauts of the Western Pacific (1922). Foi conferenciante e máis tarde comezou a dar clases de antropoloxía na London School of Economics, atraendo un gran número de estudantes e exercendo gran influencia sobre o desenvolvemento da British Social Anthropology. Entre os seus alumnos estaban antropólogos prominentes como Raymond Firth, E. E. Evans-Pritchard, Hortense Powdermaker, Edmund Leach, Audrey Richards e Meyer Fortes. Desde 1933, visitou varias universidades americanas e cando estalou a segunda guerra mundial, decidiu quedar en Yale. Alí permaneceu o resto da súa vida, influíndo a unha xeración de antropólogos americanos.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Malinowski está considerado un dos etnógrafos máis expertos da antropoloxía, especialmente polo seu metódico e ben teorizado estudo dos sistemas sociais. É o primeiro investigador en incorporar a antropoloxía "off terraza" (unha frase que é tamén o nome dun documental sobre o seu traballo), é dicir, experimentando a vida cotiá dos seus observados xunto con eles. Malinowski salientou a importancia da observación detallada participante e argumentou que os antropólogos deben ter contacto diario cos seus informantes se están facendo adecuadamente os "Imponderabilia da vida cotiá", que son tan importantes para a comprensión dunha cultura diferente.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The family among the Australian Aborigines: a sociological study, 1913.
  • Argonauts of the Western Pacific: An account of native enterprise and adventure in the Archipelagoes of Melanesian New Guinea, 1922.
  • Mutterrechtliche Familie und Ödipus-Komplex. Eine psychoanalytische Studie, 1924.
  • Myth in primitive psychology, 1926.
  • Crime and custom in savage society, 1926.
  • Sex and Repression in Savage Society, 1927.
  • The Sexual Life of Savages in North-Western Melanesia. An Ethnographic Account of Courtship, Marriage, and Family Life Among the Natives of the Trobriand Islands, British New Guinea, 1929.
  • Coral gardens and their magic, 1935.
  • A Scientific Theory of Culture and Others Essays, 1944.
  • The Dynamics of Culture Change: An Inquiry Into Race Relations in Africa, 1946.
  • Freedom & Civilization, 1947.
  • Magic, Science and Religion and Other Essays, 1948.
  • Sex, Culture, and Myth, 1962.
  • A Diary in the Strict Sense of the Term, 1967.
  • The early writings, 1993.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bohannan, Paul (2010). Para raros, nosotros. Introducción a la antropología cultural. Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-0664-0.