Saltar ao contido

Wilhelm Friedrich Hemprich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilhelm Friedrich Hemprich
Nome orixinal(de) Friedrich Wilhelm Hemprich Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1796 Editar o valor en Wikidata
Kłodzko, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xuño de 1825 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Massaua, Eritrea Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Universidade de Breslau Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, botánico, scientific collector (en) Traducir, coleccionista de plantas, coleccionista de animais, entomólogo, ornitólogo, naturalista, explorador, zoólogo, médico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaHemprich Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaHemprich Editar o valor en Wikidata
Arquivos en

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
O porto de Massaua, onde faleceu Hemprich, nunha litografía do século XIX.

Wilhelm Friedrich Hemprich, nado o 24 de xuño de 1796 na cidade prusiana de Glatz (hoxe Kłodzko, no voivodato de Baixa Silesia, en Polonia), e finado o 30 de xuño de 1825, a causa do paludismo, en Massaua, un porto de Eritrea, foi un naturalista e explorador alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hemprich estudou medicina en Breslau e na Universidade Humboldt de Berlín, onde se fixo amigo de Christian Gottfried Ehrenberg (1795-1876). Ambos os dous tiñan unha paixón común: a historia natural. Debeu interromper os seus estudos durante dou anos para facer o servizo militar, que fixo destacado en Francia.

En 1819 obtén o título de doutor cunha tese de fisioloxía comparada, que publicou o ano seguinte co título de Grundiss der Naturgeschichte (Compendio de historia natural). Hemprich impartiu clases de fisioloxía comparada na Universidade Humboldt de Berlín. No seu tempo libre dedicouse ao estudo dos réptiles e dos anfibios no novo Museo de Histora Natural de Berlín, baixo a dirección de Martin Lichtenstein (1780-1857).

En 1820, Hemprich e Ehrenberg participaron, como naturalistas, nunha expedición arqueolóxica a Exipto que organizara Liechtenstein e que estaba dirixida polo xeneral prusiano von Minutoli. A asistencia dos dous naturalistas foi subvencioanada pola Academia de Ciencias de Berlín. En marzo de 1821 abandonaron os outros membros da expedición para explorar o val do Nilo até Dongola, a capital de Nubia (rexión situada no sur do actual Exipto e o norte do actual Sudán). Durante dous anos estudaron a fauna e a flora da rexión. Dous anos máis tarde, Ehrenberg e Hemprich parten cara á rexión reritrea de Debub (El Sur), sobre a costa do mar Vermello, ao suroeste da península do Sinaí. Visitaron o monte Sinaí. Ehrenberg foi un dos premeiros naturalistas que estudou a fauna mariña do mar Vermello. En 1824 visitaron o Líbano e foron de Beirut até o cumio do monte Líbano e permaneceron en Bxari. En agosto volveron a Exipto.

En novembro, os dos amigos parten de novo cara ás costas do mar Vermello, visitando numerosos portos, entre eles o de Jeddah, en Arabia. Despois chegaron ao porto eritreo de Massaua coa intención de visitar a terras altas de Abisinia. Hemprich morreu neste porto de febre palúdica. Ehrenberg enterrouno na illa de Toalul.

Ehrenberg volveu a Europa e publicou, en 1828, unha relación dos seus descubrimentos baixo os dous nomes (del, e Hemprich) co título de Symbolae Physicae.[1] Os espécimes recolectados por eles están depositados no Museum für Naturkunde (Museo de Historia Natural da Universidade Homboldt). A colección conta cuns 46 000 espécimes botánicos que representan unhas 3 000 especies e uns 34 000 espécimes de animais correspondentes a unhas 4 000 especies, entre elas numerosas novas para a ciencia. Entre as especies recollidas, levaron dous exemplares dunha ave que era dunha especie descoñecida, á que denominaron Ibis comatus (ibis peludo). En memoria do seu ami defunto, Ehrenberg decidiu substituír este nome polo de Ibis hemprichi en 1832. Porén, a descrición foi imvalidada, nomem nudus.[2]

En 1820 W. F. Hemprich foi elixido membro da Academia Leopoldina.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Taxons dedicados a Hemprich:

Botánica

[editar | editar a fonte]
Xénero
Especies

Zooloxía

[editar | editar a fonte]
Especies
  • Acanthastrea hemprichii (Ehrenberg, 1834) (Cnidario antozoo)
  • Acropora hemprichii (Ehrenberg, 1834) (Antozoo)
  • Armadillidium hemprichii Brandt, 1833 (Crustáceo isópodo)
  • Baseodiscus hemprichii (Ehrenberg, 1834) (Nemertino)
  • Ceratonereis hemphrichii (Grube, 1873) (Anélido poliqueto)
  • Ethminolia hemprichii (Issel, 1869) (Gastrópodo)
  • Heterodactyla hemprichii Ehrenberg, 1834 (Antozoo)
  • Ichthyaetus hemprichii (Bruch, 1853) (Ave caradriforme)
  • Lamproglena hemprichii Nordmann, 1832 Crustáceo copépodo
  • Lobophyllia hemprichii (Ehrenberg, 1834) (Antozoo)
  • Lophoceros hemprichii Ehrenberg, 1833 (Ave bucerotiforme)
  • Lumbrineris hemprichii Grube, 1870 (Anélido poliqueto)
  • Megalactis hemprichii Ehrenberg, 1834 (Antozoo)
  • Micrurus hemprichii (Jan, 1858) Serpente elápida
  • Pseudogarypus hemprichii (C. L. Koch & Berendt, 1854) (Arácnido pseudoescorpión)
  • Otonycteris hemprichii Peters, 1859 (Quiróptero)
  • Scincus hemprichii Wiegmann, 1837 (Escíncido)

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Baker, D. B. (1997): "C. G. Ehrenberg and W. F. Hemprich's Travels, 1820–1825, and the Insecta of the Symbolae Physicae ". Deutsche Entomologische Zeitschrift 44 (2): 165–202.
  • Beolens, B.; Watkins, M. & Grayson, M. (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Marylandd, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5, pp. 120–121.
  • Beolens, Bo & Michael Watkins (2003): Whose Bird? Men and Women Commemorated in the Common Names of Birds. Londres: Christopher Helm Publishers Ltd. ISBN 978-0-7136-6647-2, p. 205.
  • Mearns, Barbara & Richard Mearns(1988): Biographies for Birdwatchers: The Lives of Those Commemorated in West Palearctic Bird Names. Waltham, Massachusetts, USA: Academic Press. ISBN 0-12-487422-3.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]