Martin Lichtenstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martin Hinrich Carl Lichtenstein
Martin Heinrich Lirchtenstein Litho.jpg
Martin Lichtenstein
Datos persoais
Nacemento 10 de xaneiro de 1780
Lugar Hamburgo Coat of arms of Hamburg.svg, Confederación Xermánica War ensign of the German Empire Navy 1848-1852.svg
Falecemento 2 de setembro de 1857
Lugar Kiel Wappen Kiel (Alternativ).svg, Reino de Prusia Flag of Prussia (1918–1933).svg
Nacionalidade alemán
Actividade
Campo explorador, naturalista, médico, zoólogo
editar datos en Wikidata ]

Martin Hinrich Carl Lichtenstein, nado en Hamburgo o 10 de xaneiro de 1780 e finado en Kiel o 2 de setembro de 1857, foi un explorador, naturalista, médico e zoólogo alemán.

Trtaxectoria[editar | editar a fonte]

Martin Lichtenstein naceu en Hamburgo e estudou medicina en Jena e en Helmstedt.

Entre 1802 e 1806 viaxou a Suráfrica, e foi médico persoal do Gobernador do Cabo.

En 1810 publicou Reisen en Südlichen Africa. E, en 1812, a súa segunda parte, Reisen en Südlichen Africa 2.

En 1811 ocupou a cátedra de Zooloxía na Universidade de Berlín, e foi designado Director do Museo Zoolóxico desta cidade en 1813.

En 1841, Lichtenstein foi o responsábel da creación do Zoolóxico de Berlín, cando persuadiu ao rei Federico Guillerme IV de Prusia de que doara as terras para tal proxecto.

Murorreu en Kiel o 2 de setembro de 1857, a consecuencias das feridas recibidas no curso dun duelo.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Reisen im südlichen Afrika. 1803-1806. Mit einer Einführung von Wahrhold Drascher. 1811. 2 vols. Neudruck: Brockhaus Antiquarium, Stuttgart 1967
  • Reisen im Südlichen Afrika. 1810
  • Reisen im Südlichen Afrika 2. 1810
  • Nachrichten von Teneriffa. Ein Fragment aus dem Tagebuche des Hrn. Dr. Lichtenstein auf der Reise von Amsterdam nach dem Vorgebirge der guten Hofnung 1802. Industrie-Comptoirs, Weimar 1806
  • Über die Beetjuanas. Als Nachtrag und Berichtigung zu Barrows Auszug aus Trüters Tagebuch einer Reise zu den Buschwanas. Vom Hrn. Dr. Hinrich Lichtenstein. Industrie-Comptoirs, Weimar 1807
  • Darstellung neuer oder wenig bekannter Säugethiere in Abbildungen und Beschreibungen von 65 Arten auf 50 colorirten Steindrucktafeln, nach den Originalen des Zoologischen Museums der Universität Berlin. Lüderitz, Berlin 1827/34
  • Zur Geschichte der Sing-Akademie in Berlin. Nebst einer Nachricht über das Fest am funfzigsten Jahrestage Ihrer Stiftung und einem alphabetischen Verzeichniss aller Personen, die ihr als Mitglieder angehört haben. Verlag Trautwein, Berlin 1843

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

A abreviatura Lichtenstein emprégase para indicar a Martin Lichtenstein como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

A abreviatura Licht. emprégase para indicar a Martin Lichtenstein como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

Epónimos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Syn. Gen. Compos. 50. 1832 (IK)
  2. Revis. Gen. Pl. 1: 353. 1891 (IK)
  3. Syn. Gen. Compos. 335. 1832 (IK)
  4. Linnaea 1: 91. 1826 (IK)
  5. Linnaea 12: 504. 1838 (IK)
  6. Linnaea 3: 209. 1828 (IK)
  7. Enum. Hort. Berol. Alt. 2: 451. 1822 (IK)
  8. Gard. Chron. (1892) i. 171; et in Reichb. f. Xen. Orchid. iii. 6. 1892 (IK)
  9. Linnaea 1: 568. 1826 (IK)
  10. Opera Bot. 88: 105. 1986 (IK)
  11. Rub. Cap. 9, 15 (IK)
  12. Enum. Pl. [Willdenow] 1: 238. 1809 (IK)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]