Saltar ao contido

Josepha Weber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosepha Weber

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Maria Josepha Hofer Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Maria Josepha Weber Editar o valor en Wikidata
1759 Editar o valor en Wikidata
Zell im Wiesental, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte29 de decembro de 1819 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano coloratura Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFriedrich Sebastian Meier (1797–)
Franz de Paula Hofer (1788–1796) Editar o valor en Wikidata
PaisFranz Fridolin Weber Editar o valor en Wikidata  e Cäcilia Weber Editar o valor en Wikidata
IrmánsSophie Haibel
Aloysia Weber
Constanze Mozart Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich, (vol:9, 53, p.158, 196)
Universal-Lexikon der Tonkunst (en) Traducir
biografiA: Lexikon österreichischer Frauen (en) Traducir, (vol:1, p.1322) >>>:Hofer Josepha, geb. Weber Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 287ba07c-cade-4afc-80c5-b4fe38dc5bd9 WikiTree: Weber-2917 Editar o valor en Wikidata
Josepha Hofer actuando co grupo Schikaneder: o número "O Anton du bist mein" de Singspiel Die Zween Anton. Hofer está en primeiro plano, sostendo a man do tenor Benedikt Schack.

(Maria) Josepha Weber (máis adiante Josepha Hofer e Josepha Meier), nada en Zell im Wiesental en 1758 e finada en Viena o 29 de decembro de 1819, foi unha soprano alemá da era clásica. Era cuñada de Wolfgang Amadeus Mozart, e foi a primeira intérprete do papel da Raíña da Noite na ópera de Mozar Die Zauberflöte (1791).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Weber naceu en Zell im Wiesental (actualmente en Baden-Württemberg, Alemaña), filla de Fridolin Weber. Tivo tres irmás máis novas: Aloysia, que foi pretendida amorosamente por Mozart e cantou nas súas óperas posteriores; Constanze, que casou con Mozart en 1782;[1] e Sophie. O compositor Carl Maria von Weber era fillo do medio irmán do seu pai.

Josepha creceu principalmente en Mannheim, e mudouse coa súa familia primeiro a Múnic e despois a Viena, seguindo a carreira como cantante da súa irmá Aloysia. Contra 1789 era a prima donna no grupo teatral dirixido por Johann Friedel no Theater auf der Wieden dos suburbios.[2] Trala morte de Friedel ese mesmo ano, encargouse do teatro Emanuel Schikaneder, que a mantivo na nova compañía que formou. Parece que foi un membro importante do grupo e a ópera colaborativa Der Stein der Weisen, especia de antecedente de Die Zauberflöte non inclúe arias para soprano coloratura porque no momento en que foi escrita Hofer estaba de baixa por maternidade.[3]

Na estrea de enorme éxito de Die Zauberflöte en 1791, Hofer asumiu o papel da Raíña da Noite, que incluía unha célebre parte de coloratura. Continuou a interpretar o papel ata 1801, cando o deixou con 43 anos.

Hofer tamén estreou outros papeis. Foi de novo a Raíña da Noite na secuela de Die Zauberflöte escrita por Schikaneder e Winter, Das Labyrinth oder der Kampf mit den Elementen (1798). Tamén foi a primeira que cantou o papel de Oberon na ópera de Paul Wranitzky (1789).

Casou dúas veces. O seu primeiro marido foi o músico Franz de Paula Hofer (1755–96), co que casou o 21 de xullo de 1788 na catedral de Santo Estevo de Viena.[4] Hofer estivo empregada como violinista na corte imperial.[5] O seu segundo marido (1797) foi o cantante Sebastian Meier (1773–1835). Meier foi o primeiro que cantou o papel de Pizarro na ópera de Beethoven Fidelio.

Josepha Meier retirouse do canto en 1805, e faleceu en Viena o 29 de decembro de 1819.

Valoración

[editar | editar a fonte]

Sobre o seu canto, o dicionario New Grove di, "segundo informes contemporáneos, dominaba unha tesitura moi alta, mais tiña un fío áspero na súa voz e carecía de presenza na escena". A súa calidade valíalle para realizar as difíciles pasaxes de coloratura que Mozart escribiu no papel da Raíña da Noite.

  1. New Grove en liña, artigo "Mozart"
  2. Buch (xx, ix)
  3. Buch xx, xiv)
  4. Deutsch 1965, 321
  5. Deutsch (1965, 321) da 1789 como a data de inicio de Hofer no emprego, mais un documento discutido por Michael Lorenz no seu blog indica que xa traballaba alí o 21 de xullo de 1788.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]