Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Traité d'instrumentation et d'orchestration
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 27 de outubro de 2017 - 26 de novembro de 2017
SI: 8 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 27 de outubro de 2017 ás 21:28 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 27-10-2017 ata o 26-11-2017.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Gran traballo de tradución de Servando2, que trouxo para a nosa Wikipedia o artigo dende a Wikipedia en lingua francesa, onde xa é artigo de calidade. Temática orixinal, non hai ningún artigo de calidade sobre tratados musicais nin libros en xeral. O artigo está amplamente referenciado, conta cunha extensa sección bibliográfica e considero que está ben ilustrado con imaxes relacionadas. Penso que cumpre todos os criterios para ser elixido artigo de calidade e achegarnos máis aínda aos 150 artigos totais e á marca de artigos de calidade relacionados coa música clásica da Wikipedia en lingua castelá (que xa está próxima). --Piquito (conversa) 27 de outubro de 2017 ás 21:28 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 27 de outubro de 2017 ás 21:28 (UTC)[responder]
- Concordo. --XoioÉche o que hai 29 de outubro de 2017 ás 00:06 (UTC)[responder]
- Concordo. --Viascos (conversa) 29 de outubro de 2017 ás 19:44 (UTC)[responder]
- Concordo. Alberte Si, dígame? 1 de novembro de 2017 ás 10:55 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 3 de novembro de 2017 ás 20:41 (UTC)[responder]
- Concordo. --RubenWGA (conversa) 9 de novembro de 2017 ás 17:37 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 12:49 (UTC)[responder]
- Concordo. Alberte Si, dígame? 24 de novembro de 2017 ás 12:02 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo Polo motivo que xa indiquei no seu momento na conversa do artigo. (2º punto) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Banjo (conversa • contribucións)
- Neutros
- Comentarios
- Por razóns obvias non vou participar nesta votación, pero anímovos a que lle botedes un ollo ao artigo. Eu non son músico, pero por amigos que si o son, paréceme moi bo ter este artigo coa calidade do da Wikipedia en francés. Créoo merecedor de artigo destacado pola gran información que contén sobre un libro que é fundamental na historia da música. Servando2 (Dime) 28 de outubro de 2017 ás 21:44 (UTC)[responder]
- Estupendo traballo Servando2. En canto as abondosas referencias chamoume a atención que non apareza ningunha no resumo inicial, claro que tampouco aparece na versión francesa. Outra cousa que destaca, neste e noutros moitos artigos, é a grande cantidade de ligazóns internas vermellas. Evidentemente este é un problema que só se pode arranxar con tempo e traballo. De momento xa lle cambiei a cor a Orquestra sinfónica. Resúltame curioso que na revisión de dous artigos sobre dous aspectos pouco coñecidos da música clásica (e debe ser a terceira ou cuarta votación na que participo) botara en falta dous artigos sobre temas moito máis xerais: música de cámara ai uns meses, e orquestra sinfónica agora. Cousas da vida. --Viascos (conversa) 29 de outubro de 2017 ás 22:38 (UTC)[responder]
- Viascos, non é necesario engadir referencias no resumo inicial porque suponse que toda a información que achega está referenciada no corpo do artigo. É certo que hai moitas ligazóns internas vermellas, é unha mágoa, pero é un mal común a moitos artigos, xa que esta é unha Wikipedia pequena, e como ben dixeches é un problema que se solucionará co tempo e coa chegada de máis usuari@s que participen no proxecto. Sobre os artigos de temas xerais vs. artigos de temas específicos, é certo que hai moitos artigos de temas xerais que non están, a ninguén se lle ocorreu crealos, e a min, que creo que son o usuario que máis traballa o tema da música clásica, interésame máis facer un artigo sobre a música minimalista, a microtonalidade ou dunha cantata de Bach que crear unha entrada sobre a orquestra sinfónica ou a música de cámara... habería que crear eses artigos? Non hai dúbida diso, pero o problema é que hai pouca xente traballando os temas e polo tanto as cousas van moito máis lentas do desexado. Grazas pola túa participación e por crear eses artigos importantes, anímote a que sigas a participar nas votacións para conseguir mellorar pouco a pouco a calidade da Galipedia. Un saúdo! (conversa) 2 de novembro de 2017 ás 01:54 (UTC)[responder]
- Entendido Piquito, esperando o artigo de música minimalista, teño máis horas de rodaxe que coa sinfónica, ;). Upppps, pero si xa estaba!! Hai pouco tivemos en Ponfe un concerto con pezas de Pärt, dentro dun festival de música contemporánea, pouco habitual. --Viascos (conversa) 3 de novembro de 2017 ás 11:01 (UTC)[responder]
- Creo que Banjo ten razón no punto problemático que sinala. Eu concretaría que os empezos coas citas xorden a partir do epígrafe Xenealoxía da música. --Atobar (conversa comigo) 3 de novembro de 2017 ás 22:14 (UTC)[responder]
- Sinalar que na wikipedia de orixe, recentemente engadiron unha nova referencia e unha nova fonte bibliográfica que quizais sería interesante engadir neste artigo tamén. Alberte Si, dígame? 24 de novembro de 2017 ás 12:02 (UTC)[responder]