Saltar ao contido

Conversa:Traité d'instrumentation et d'orchestration

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marcador Wikificar

[editar a fonte]
  1. Cómpre revisar as citas segundo WP:LE#Tradución das citas na lingua orixinal: Revisar a idoneidade dos destaques, da necesidade de inclusión do texto orixinal e das traducións do orixinal noutras linguas.
  2. Cómpre revisar a redacción, de novo en relación ós destaques excesivos das citas, para facilitar a lectura do artigo.

Banjo tell me 17 de xullo de 2017 ás 22:47 (UTC)[responder]

Citas en francés

[editar a fonte]

Eliminei os textos en francés. Creo que agora xa cumpre os requisitos. Revisade. Servando2 (Dime) 26 de outubro de 2017 ás 12:46 (UTC)[responder]

Referencia

[editar a fonte]

Servando2, no apartado Folletíns, ó final dise: "... unha verdadeira revolución copernicana no dominio da música.", unha afirmación bastante grande sen referencia. A maiores, estou vendo que as citas están só en cursivas pero eu penso que iso non é abondo para diferencialas do resto do texto, para as citas penso que normalmente úsanse as comiñas e, logo, o texto dentro delas en cursiva. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de outubro de 2017 ás 12:52 (UTC)[responder]

@Elisardojm: A cursiva só se emprega para palabras ou textos noutras linguas. As citas en galego non precisan ir en cursiva. WP:LE#Cursiva Banjo tell me 2 de novembro de 2017 ás 10:32 (UTC)[responder]
Grazas @Banjo:, entón habería que cambiar tódalas citas porque están case todas en cursivas, incluso as que están en caixas de cita. E as que non estean entre comiñas, intentei engadirllas a todas pero algunha puido quedar, engadirllas. Eu xa revisei toda a ortografía que puiden e xa quedei cheo deste Traité, así que se outro se anima... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de novembro de 2017 ás 15:02 (UTC)[responder]

Texto raro

[editar a fonte]

No artigo atopei esta frase "Se engade entre parénteses pensamos en Varèse[70] un lector do s. XXI pode pensar igualmente en Xenakis ou Penderecki[71]" que non entendo o seu senso, haberá que cambiar a redacción? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de novembro de 2017 ás 09:47 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Piquito (conversa) 10 de novembro de 2017 ás 22:27 (UTC)[responder]
Síntoo Piquito, sigo sen entender o que quere dicir. Podes explicalo aquí doutra forma? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2017 ás 22:46 (UTC)[responder]
Elisardojm, refírese á cita que hai enriba. Ballif di que con esa idea pensamos en Varèse, aínda que un lector actual pode pensar máis en Penderecki ou Xenakis, dous compositores máis próximos no tempo (o polonés de feito aínda vive a día de hoxe). O que vén explicar ese parágrafo é que a idea está vixente na actualidade, que se pon de manifesto no estudo da obra xa non só de Varèse (que morreu nos anos 60), senón en compositores que mesmo seguen a escribir nos nosos días, a influencia desta idea traspasa con moito a época na que viviu Berlioz, chega ata o século XX. Un saúdo, Piquito (conversa) 10 de novembro de 2017 ás 23:15 (UTC)[responder]
Pois entón Piquito esa frase non se entende nada, hai que redactala doutra forma. Non pon en ningún sitio que Ballif diga que pensemos en Varese... "Se engade" é posibilidade, Ballif engade a Varese na cita ou non o engade? Se entendo correctamente, quizais habería que cambiar a redacción a algo como "Ballif engade entre parénteses "pensemos en Varese"[70], pero un lector do s. XXI pode pensar igualmente en Xenakis ou Penderecki[71]". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2017 ás 09:22 (UTC)[responder]