Deutscher Werkbund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cartel deseñado por Peter Behrens para unha exposición da Deutsche Werkbund en Colonia, 1914.

A Deutscher Werkbund (DWB) foi unha asociación mixta de artesáns, artistas, arquitectos e industriais, fundada en 1907 en Múnic. Esta asociación converteuse nun elemento importante no desenvolvemento da arquitectura moderna e do deseño industrial, e especialmente na posterior creación da Escola Bauhaus de deseño.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

O seu obxectivo inicial era establecer unha asociación de fabricantes de produtos con profesionais de deseño, mellorando a competitividade das empresas alemás nos mercados globais, principalmente o inglés e o estadounidense. O lema do movemento era Vom Sofakissen zum Städtebau (en galego, desde almofadas de sofás ata a construción da cidade).

Emporiso, existíron crecentes diverxencias entre a artesanía e a produción industrial, xa que algúns dos seus membros, como Hermann Muthesius e Nauman, defendían a estandarización e outros, coma Henry van de Velde e Gropius, eran máis partidarios do individualismo. Este conflito, coñecido como Werkbundstreit, estivo a piques de rematar coa asociación, pero a necesidade xeneralizada de produtos de consumo despois da primeira guerra mundial fixo que moitos aceptaran a necesaria estandarización e produción industrial.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Deutscher Werkbund xurdiu cando o arquitecto Joseph Maria Olbrich marchou de Viena para Darmstadt (Alemaña), en 1899, coa intención de formar unha colonia de artistas por invitación de Ernest Louis, gran duque de Hesse.[2] Esta colonia foi fundada por Josef Maria Olbrich, Peter Behrens, Richard Riemerschmid e Bruno Paul, entre outros, en 1907 na cidade de Múnic, a instancias de Hermann Muthesius.

A organización orixinalmente incluíu doce arquitectos e doce empresas comerciais. Entre estes arquitectos estaban Peter Behrens, Theodor Fischer, Josef Hoffmann, Bruno Paul e Richard Riemerschmid. Outros afiliados ao proxecto eran Heinrich Tessenow e o belga Henry van de Velde. O Werkbund encomendou a Van de Velde deseñar un teatro para a súa Exposición de 1914 en Colonia. A exposición foi pechada e os edificios desmontados antes da data sinalada polo estalido da primeira guerra mundial. Entre os membros máis destacados de Werkbund estaba o arquitecto Ludwig Mies Van der Rohe, que foi o seu director arquitectónico.

A Deuscher Werkbund estendeuse pronto por Austria, coa formación da Österreichischer Werkbund, e Suíza, coa Swiss Werkbund.[3] Esta primeira etapa duraría ata 1934, sendo disolta na época do Terceiro Reich, e reiniciada unha vez pasada a segunda guerra mundial, no ano 1949.

Principais datas[editar | editar a fonte]

  • 1907, establecemento da Deutscher Werkbund en Munic.
  • 1910, Salon d'Automne, en París.
  • 1914, exposición da Werkbund en Colonia, pechada polo estalido da primeira guerra mundial.
  • 1920, Lilly Reich, primeira muller na dirección.
  • 1924, exhibición de Berlín.
  • 1927, exposición en Stuttgart, que incluía a Weissenhofsiedlung, unha exposición de arquitectura baixo a dirección de Mies van der Rohe.
  • 1929, exhibición en Wrocław.
  • 1938, a Deutscher Werkbund é cerrada polas autoridades nazis.
  • 1949, reestablecemento, despois da segunda guerra mundial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Design Handbook. Taschen. 2007. p. 80. ISBN 978-3-8228-4635-3. 
  2. "German Design for an Industrial Age". The New York Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 02 de outubro de 2021. 
  3. "Schweizerischer Werkbund". global.britannica.com (en inglés). [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina oficial da Deutscher Werkbund

Outros artigos[editar | editar a fonte]