Alma Mahler
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Alma Mahler-Werfel, nada o 31 de agosto de 1879 como Alma María Margaretha Schindler en Viena e finada o 11 de decembro de 1964 en Nova York, foi unha compositora austríaca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Educouse na súa propia casa baixo a supervisión do seu pai, Emil Jakob Schindler, un pintor de paisaxes. Casou con Gustav Mahler en 1902. Das súas dúas fillas, só sobreviviu Anna Mahler, escultora. En 1910, persuadiu a Mahler para seleccionar e publicar cinco das súas cancións. Publicou outras coleccións de cancións en 1915 e 1924, ano no que publicou a súa edición de cartas e o manuscrito facsímile da súa incompleta décima sinfonía. Nese momento mantiña unha relación co pintor Oscar Kokoschka, e casou e divorciouse do arquitecto Walter Gropius. En 1929 casou co seu terceiro marido, o poeta e novelista Franz Werfel, con quen posteriormente fuxiu da Austria nazi a través de Francia, cara a América, chegando alí en 1940. En California Alma converteuse nunha anfitrioa da comunidade emigrada que incluía a Thomas Mann, Bruno Walter e Arnold Schoenberg. Mantivo un estilo de vida similar en Nova York despois da morte de Werfel en 1945 ata que morreu en 1964 e foi enterrada xunto á súa filla, Manon en Grinzing, preto de Viena.
A fama de Alma Mahler débese en primeiro lugar aos seus matrimonios e os seus affaires cos máis grandes artistas da súa época, o máis notable deles Gustav Mahler, de quen tomou o seu apelido. Como compositora, escribiu pouco e só se conservan dezaseis lieder.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sadie, Julie Anne e Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers. W. W. Norton & Company.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |