Lingua wallisiana
| Lingua wallisiana | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Lea faka'uvea | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
|
linguaxe humana ↳ linguas austro-tai ↳ linguas austronesias ↳ linguas malaio-polinesias ↳ linguas malaio-polinesias nucleares ↳ linguas malaio-polinesias centro-orientais ↳ linguas malaio-polinesias orientais ↳ linguas oceánicas ↳ linguas oceánicas centro-orientais ↳ linguas do Pacífico central ↳ linguas polinesias ↳ linguas polinesias nucleares ↳ Linguas uvean-niuafo'ou orientais | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O wallisiano ou ʻuveano é unha lingua polinesia falada na illa de Wallis (tamén coñecida como ʻUvea). A lingua tamén é coñecida como uveano do leste para distinguila da lingua uveana do oeste falada na illa de Ouvéa, preto de Nova Caledonia. Esta illa foi colonizada dende a illa de Wallis no século XVIII.
Indíxena da illa de Wallis, a lingua tamén é falado en Nova Caledonia dende a década de 1950 por mor da migración de moitos wallisianos (especialmente en Nouméa, Dumbéa, La Foa e Mont Dore).[1] Segundo o CIA World Factbook, en 2015 tiña 7.660 falantes.[2] Porén, Livingston (2016) expón que o número real de falantes é moito máis alto (ao redor de 20.000), aínda que é difícil de contar con precisión.[3]
A lingua máis achegada ao wallisiano é o niuafo'ou.[4] Tamén está estreitamente relacionada co tongano, xa que aínda que forma parte do subgrupo samoico, conta con moitos préstamos e influencia do tongano debido á invasión tongana da illa nos século XV e XVI. Wallis está habitada dende hai 3.000 anos.[5]
Alfabeto
[editar | editar a fonte]O wallisiano ten dez vogais: as cinco vogais estándar: /a, e, i, o, u/ e as súas variantes alongadas: ā, ē, ī, ō, ū.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (Livingston 2016, p. 1)
- ↑ "Wallisian". Ethnologue (en inglés). Consultado o 2018-12-09.
- ↑ (Livingston 2016, p. 4)
- ↑ Tsukamoto, Akihisa (1988). The language of Niuafo'ou Island (Doctoral Thesis). Australian National University. pp. 2, 8.
- ↑ Pollock, Nancy J. Rethinking Western Polynesia, 'Uvea in the Early Tongan Empire. 1996
- ↑ (Moyse-Faurie 2016, p. 16)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Vexa a proba da Wikipedia en Lingua wallisiana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Livingston, Andrew (2016). East Uvean. A condensed grammar (PDF) (master's thesis in linguistics). University of Washington. p. 190.
- Moyse-Faurie, Claire (2016). Te lea faka'uvea - le wallisien. Les langues du monde (en francés). Peeters. p. 276. ISBN 978-90-429-3376-7.