Virginie Despentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVirginie Despentes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Nancy, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional e dirección de cine Editar o valor em Wikidata
Ocupacióntradutora , guionista , escritora , novelista , directora de cinema , realizadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoNovela
Pseudónimo literarioVirginie Despentes Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaPaul B. Preciado (2005–2014) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0221591 Allocine: 33062 Allmovie: p282410
Musicbrainz: 8b2fd593-5bc4-4933-bf33-aea0a7bc5132 Discogs: 2787443 Editar o valor em Wikidata

Virginie Despentes nada o 13 de xuño de 1969 en Nancy é unha escritora, directora de cine e pensadora feminista francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo os seus escritos, a súa traxectoria estivo marcada polo seu internamento nun hospital psiquiátrico de moi nova e o trauma dunha violación máis tarde.

Optou por unha vida alternativa e a experimentación, traballando en peep shows, en salóns de masaxe e como prostituta. Estas experiencias configuraron unhas posicións feministas contestatarias e orixinais moi libertarias contrarias á prohibición da prostitución ou a pornografía.[1]

Algunhas das súas obras literarias foron base de películas transgresoras.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Considera que a muller gañaría moito se deixase ao home acceder a unha paternidade activa en troques de aproveitarse do poder que lle confire política e socialmente a maternidade nos estados occidentais que avanzan cara a unha falsa igualdade.

No seu libro máis difundido, King Kong Théorie, expón que a sexualidade masculina é agresiva e dominadora e mesmo violenta (o propio do home é a violación). A violación é a representación crúa e directa do exercicio do poder masculino.

Anima á rebeldía, a berrar contra o que fai da muller vítima da visión masculina, exhorta a rachar coa imaxe de "boa rapaza" da sociedade ben pensante asumindo unha actitude que denomina como "proletaria da feminidade", pero asemade discrepa dos estereotipos feministas que considera que desprenden unha visión negativa da sexualidade e non valoran o encorsetamento e empobrecemento da personalidade dos homes por vérense forzados a asumir un papel propio do carácter viril dominador, pulsional e brutal.

Equipara a prostitución co traballo asalariado legal, non existe diferenza entre o sexo pagado e o sexo interesado propio do matrimonio ou das pensións froito do divorcio ou das relacións afectivas estables (sempre machistas). Para a muller occidental adaptada ao sistema o amor é un contrato económico implícito. Cando menos, segundo ela, moitas prostitutas manteñen a súa autonomía e a súa liberdade, alugan o seu corpo pero non o venden como fai a muller decente dos países desenvolvidos e supostamente igualitarios.

Mantén unha visión negativa das mulleres con poder nos países do primeiro mundo, pois as ve como mulleres que se saben acomodar aos desexos masculinos e que reproducen condutas de dominación e que compiten polo favor e admiración dos seus opresores masculinos (Así é como acabamos vixiándonos e xulgándonos unhas ás outras).

Defende o lesbianismo como liberador das esixencias escravizantes que comporta agradar os homes e do medo á decrepitude propia da vellez.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Apocalipsis bebé. 2010[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aguilar, Ana Requena (2021-09-22). "Virgine Despentes: "La gran ausente de los discursos recientes es la chica que se comporta mal y es calentona"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-09-24. 
  2. Vendrell, Ramón (2022-10-29). "Virginie Despentes: "La violencia que hay en internet es inédita en tiempo de paz"". elperiodico (en castelán). Consultado o 2022-11-04.