Paul B. Preciado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paul B. Preciado
2017-06-07 Documenta 14 Paul B. Preciado by Olaf Kosinsky-6.jpg
Nacemento1970
 Burgos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Princeton e The New School
Ocupaciónescritor, filósofo, comisario de exposicións e colunista
Coñecido/a porTesto Junkie
PremiosPrograma Fulbright
editar datos en Wikidata ]

Paul B. Preciado, nado Beatriz Preciado en Burgos en 1970, é un filósofo español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o doutoramente en teoría da arquitectura na Universidade de Princeton, onde obtivo premio extraordinario fin de carreira e onde foi investigador. Fixo tamén un mestrado de Filosofía Contemporánea e Teoría de Xénero na New School for Social Research de Nova York. Foi alumno de Ágnes Heller e Jacques Derrida. É profesor de historia política do corpo, teoría do xénero, e historia da performance na Universidade París VIII.

Inspirado nas teses de Michel Foucault, reflexiona sobre os modos de suxetivación e identidade, tomando parte en distintos foros internacionais.[1] O seu libro Manifesto contra-sexual (2002), traducido a varios idiomas, é hoxe unha referencia na teoría queer.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grupo de Lecturas críticas en Feminismo y Filosofía. "¿Tanto puede un nombre de varón?". Revista Anfibia (en español). Consultado o 26 de marzo de 2019.