Universidade do Zulia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade do Zulia
La Universidad del Zulia (LUZ)
Campus de Maracaibo, Cabimas e Punto Fijo, da LUZ
Reitorado da LUZ
Datos xerais
LocalizaciónEstado Zulia
Fundación1891
Datos actuais
ReitorDra. Judith Aular
Profesores1500 funcionarios
Alumnos28000
Datos de contacto
EnderezoAv. 16 con 67 B, Maracaibo, Zulia
Páxina webhttp://www.luz.edu.ve/
editar datos en Wikidata ]

Universidade do Zulia (en castelán: La Universidad del Zulia, tamén coñecida como LUZ; en wayuu: Ekirajiapülee Suuria), é unha universidade pública cuxo campus principal está situado na cidade de Maracaibo, Venezuela. LUZ é unha das universidades máis grandes e importantes de Venezuela.

A Universidade do Zulia conta con tres campus: dous no Estado Zulia, nas cidades de Maracaibo (sendo a máis grande e importante das tres) e Cabimas; e unha na cidade de Punto Fijo, situada no Estado Falcón.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia da universidade comeza cando o 29 de maio de 1891 se aprobou un decreto que converte o Colegio Federal de Maracaibo na Universidade do Zulia, sobre a base do que era o Colegio Seminario[1]. A propia universidade comezou as súas operacións o 11 de setembro dese mesmo ano. O seu primeiro reitor foi Francisco Ochoa.[2]

En 1909, o goberno de Cipriano Castro, cuxo ministro de Instrución Pública era Eduardo Blanco, ordenou o peche da universidade por razóns políticas. A decisión baseouse, entre outros factores, na particular concepción educativa de Blanco, quen defendía que en Venezuela só se debían aprender catro profesións no ensino superior: médicos, avogados, enxeñeiros e teólogos.

A LUZ permanecería pechada até o 1 de outubro de 1946. Este evento coñécese como La Reapertura. O primeiro reitor tras a reapertura foi Jesús Enrique Lossada.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A universidade ofrece os seguintes programas de graduación:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Universidad del Zulia, Maracaibo, Venezuela". Ciudad Educación (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 2022-05-18. 
  2. "FRANCISCO OCHOA, RECTOR DE LUZ". El Zuliano Rajao (en castelán). Consultado o 2022-05-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]