Saltar ao contido

Karl Friedrich Schinkel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKarl Friedrich Schinkel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1781 Editar o valor en Wikidata
Neuruppin, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 1841 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Berlín (Prusia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Dorotheenstadt Editar o valor en Wikidata
EducaciónBauakademie (en) Traducir (1799–)
Evangelisches Gymnasium zum Grauen Kloster (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, artista gráfico, debuxante, deseñador, Mestre de obras, urbanista, profesor universitario, pintor, deseñador de mobles Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1800 Editar o valor en Wikidata - 1840 Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoArquitetura neogrega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFriedrich Gilly (pt) Traducir e David Gilly (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosLudwig Persius (pt) Traducir, Ditlev Martens (pt) Traducir e Adolph Lohse (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSusanne Schinkel (1809–) Editar o valor en Wikidata
FillosElisabeth von Wolzogen Editar o valor en Wikidata
PaiJohann Christoph Schinkel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шинкель Карл Фридрих)
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
BNE: XX864651 Musicbrainz: 7f1f3363-4ed7-4281-9a0d-af4dade047a5 Discogs: 2234231 Find a Grave: 6617074 Editar o valor en Wikidata

Karl Friedrich Schinkel, nado en Neuruppin o 13 de marzo de 1781 e finado en Berlín o 9 de outubro de 1841, foi un arquitecto e pintor alemán.

Schinkel foi o arquitecto máis destacado do neoclasicismo en Alemaña,[1] sendo un dos artífices da cidade de Berlín no seu período prusiano.[2] Como xefe do departamento de obras o estado prusiano e arquitecto da familia real, deseñou a maioría dos edificios importantes da época en Berlín.[3] As súas obras e proxectos exerceron unha notable influencia en numerosos arquitectos do movemento moderno.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Marie Schinkel, debuxada polo seu pai Friedrich Schinkel.
Monumento a Schinkel

Naceu en 1781 en Neuruppin (Brandeburgo), fillo dun superintendente militar no Margraviato de Brandeburgo falecido en 1784, tras un grande incendio que arrasou a cidade e queimou a casa familiar. A súa nai, decidida a proporcionar unha boa educación aos seus fillos, trasladouse a Berlín en 1794, asistindo nesa cidade ao instituto de ensino medio "Zum Grauen Kloster". Aos dezaseis anos de idade, durante a exposición da Escola de Arquitectura de Berlín en 1797, descubriu un esbozo para un monumento a Frederico o Grande, realizado polo arquitecto Friedrich Gilly, tralo que decidiu converterse en arquitecto. Tras abandonar o instituto, fíxose pupilo do arquitecto David Gilly, pai de Friedrich Gilly, que fundara unha academia privada de arquitectura. Alí trabou amizade coa famlia Gilly.[4]

En 1799 incorporouse á Escola Xeral de Construción, que constituía a Academia de Arquitectura recentemente creada. Un ano despois faleceron a súa nai e Friedrich Gilly e Schinkel decidiu executar os proxectos do seu amigo.

Cando chegou á maioría de idade en 1803 emprendeu unha viaxe por Europa en que percorreu Bohemia, Austria, Italia e Francia.[4] Durante esta viaxe desenvolveu a súa actividade como debuxante e iniciou a súa actividade como pintor. Ao regresar a Berlín, en 1805, comezou a traballar como pintor.

En 1810, durante unha exposición de arte en Berlín viu o cadro "Monxe no mar" de Caspar David Friedrich e pensou que el, como pintor, nunca alcanzaría a realizar unha obra mestra semellante, polo que decidiu regresar á arquitectura. Nese mesmo ano foi nomeado funcionario de construcións e en 1815 membro da Deputación Técnica de Construcións.

Trala derrota de Napoleón Bonaparte, Schinkel foi supervisor do departamento de obras públicas,[1] onde era responsable non só da reforma da cidade de Berlín para convertela na capital de Prusia, senón tamén de supervisar os proxectos nos territorios onde o reino se expandira, Renania e Königsberg.

En 1839, Schinkel sufriu os primeiros síntomas de parálise e ao ano seguinte padeceu un accidente cerebrovascular e tivo unha perda de coñecemento case permanente.[5] Morreu o 9 de outubro de 1841 e os seus restos están sepultados no cemiterio Dorotheenstädtischen Friedhof da capital alemá.[6]

Pasou por varios estilos e pola etapa romántica. Na súa etapa máis frutífera volveuse cara á arte grega en lugar do estilo imperial romano para afastarse do estilo ao que eran proclives os ocupantes franceses. Foi ademais un notable defensor do estilo neogrego.

Só a partir de 1816 Schinkel puido acometer funcións arquitectónicas concretas. Os seus edificios máis famosos localízanse en Berlín e nos seus arredores, como o Neue Wache (1816-1818), o Schauspielhaus (1819-1821), o Gendarmenmarkt, que substituíu un anterior teatro que foi destruído polo lume en 1817, e o Altes Museum na Illa dos Museos (1823-1830), que influíu noutros arquitectos, como Robert Smirke, James Gandon e William Wilkins.

Máis tarde, Schinkel moveuse do clasicismo para asumir o neogótico coa igrexa de Friedrichswerder (1824-1831).

O seu edificio máis innovador foi a Bauakademie (Academia de Arquitectura de Berlín) (1832-1836), que evitou as convencións historicistas e que parece sinalar o camiño a unha liña de arquitectura "moderna" que só chegou a ser prominente en Alemaña a comezos do século XX.

Obra non construída

[editar | editar a fonte]

Schinkel é moito máis coñecido polos seus traballos teóricos e os seus debuxos de arquitectura que pola súa relativamente escasa obra, xa que moi poucos dos seus esbozos chegaron a ser construídos.

Os seus méritos aprécianse nos seus deseños non executados para a transformación da Acrópole de Atenas nun palacio para o novo reino de Grecia ou polo irrealizado palacio de Orianda na península de Crimea. Estes e outros deseños foron recompilados en Sammlung architektonischer Entwürfe ("Colección de proxectos arquitectónicos") (1820-1837), catálogo que contén obras construídas e proxectos, proxectos alternativos, plantas, alzados e seccións, perspectivas de interiores e de vías públicas, detalles arquitectónicos e xardíns, proxectos de monumentos, pontes, mobles, ornamentos e obxectos de artesanía.

Schinkel deseñou a medalla de Prusia e posteriormente de Alemaña, a famosa Cruz de Ferro. Tamén exerceu a profesión de escenógrafo de obras de teatro e ópera, realizando un palacio neoexipcio para a Raíña da Noite nunha produción de Die Zauberflöte en 1815.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Biografía de Karl Friedrich Schinkel". epdlp. Consultado o 9 de setembro de 2010. 
  2. "Berlin: The City as Body The City as Metaphor. Image Galleries: Karl Friedrich Schinkel". web.stanford.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2018. 
  3. "Arquitectura en Alemania: del Absolutismo a la ascensión prusiana". Deutsche Welle 08.06.2007. 2007. Consultado o 6 de novembro de 2007. 
  4. 4,0 4,1 "Karl Friedrich Schinkel". H Kliczkowski. Consultado o 9 de setembro de 2010. 
  5. "SoloArquitectura". Solo arquitectura. Consultado o 9 de setembro de 2010. 
  6. "Dorotheenstädtischer und Französischer Friedhof" (en alemán). Berlin Tourismus. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2010. Consultado o 9 de setembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • John Zukowsky (editor): Karl Friedrich Schinkel 1781 - 1841: the drama of architecture. Con artigos de Kurt W. Forster e Wolfgang Pehnt, ISBN 0-86559-105-9.
  • Jörg Trempler: Schinkels Motive. Matthes & Seitz, Berlín 2007, ISBN 978-3-88221-866-4.
  • Christoph Werner: Schloss am Strom. Die Geschichte vom Leben und Sterben des Baumeisters Karl Friedrich Schinkel. Bertuch-Verlag, Weimar 2004, ISBN 3-937601-11-2.
  • Christoph von Wolzogen: Karl Friedrich Schinkel: Unter dem bestirnten Himmel. Biographie. Edition Fichter, Frankfurt 2016, ISBN 978-3-943856-33-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]