La tía Tula (filme)
| La tía Tula | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
La tía Tula é un filme español de 1964 dirixido por Miguel Picazo. O filme baséase na novela homónima de Miguel de Unamuno. Altamente aclamado, o filme é considerado un clásico do cinema español. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 38ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Á morte da súa irmá Rosa, Tula leva a vivir á súa casa o seu cuñado Ramiro e os seus dous sobriños. A convivencia faise cada vez máis difícil, debido a que un pretendente de Tula quere que Ramiro inflúa sobre ela e facilitar así a voda coa súa cuñada. Mais Ramiro séntese inclinado cara a Tula e proponlle contraer matrimonio. Para buscar unha compañía que free por algún tempo as pretensións de Ramiro, Tula marcha co seu cuñado e sobriños a pasar unha tempada á casa do seu tío Pedro, nunha localidade próxima.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Aurora Bautista como Tula
- Carlos Estrada como Ramiro
- Maria Enriqueta Caballeira como Juanita
- Laly Soldevila como Amalita
- Mari Loli Cobo como Tulita
- Irene Gutierres Caba como Herminia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
- ↑ Ficha en FimAffinity.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Schwartz, Ronald, The Great Spanish Films: 1950- 1990, Scarecrow Press, Londres, 1991, ISBN 0-8108-2488-4
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La tía Tula na IMDb (en inglés).