Saltar ao contido

Estiu 1993

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estiu 1993

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocomedia dramática Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aCarla Simón Pipó Editar o valor en Wikidata
GuionistaCarla Simón Pipó Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalloito, Adopción e morte parental Editar o valor en Wikidata
Ambientado enCataluña Editar o valor en Wikidata
Época ambientación1993 Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Produtor/aValérie Delpierre, Stefan Schmitz e María Zamora Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aOscilloscope e Fandango at Home Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 36 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeGarrotxa Editar o valor en Wikidata
Premios
Clasificación
Contacto
RedesIMDB: tt5897636 Filmaffinity: 382702 Allocine: 253472 Rottentomatoes: m/summer_1993 Mojo: summer1993 Metacritic: movie/summer-1993 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Estiu 1993 é un filme catalán de 2017 dirixido por Carla Simón.[1][2][3] O filme rodouse en diversas poboacións de La Garrotxa no verán de 2016. Trátase da primeira longametraxe da directora barcelonesa e está inspirada na súa propia experiencia. O filme estreouse na 67ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o premio GWFF ó mellor filme debut.[4] Foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5][6]

Despois de que os seus pais morresen de SIDA, Frida (interpretada por Laia Artigas), unha nena de 6 anos, deixa Barcelona e vai vivir ó campo cos seus tíos e a filla deles, Anna (interpretada por Paula Robles), unha nena de 3 anos. Frida afrontará o seu primeiro verán coa nova familia adoptiva e a nova contorna rural ó que terá que adaptarse. Durante o verán de 1993, Frida aprenderá a aceptar a súa pena e a súa dor e os seus pais adoptivos aprenderán a querela como a súa propia filla.[7]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Laia Artigas como Frida
  • Paula Blanco como Cesca
  • Etna Campillo como Irene
  • Bruna Cusí como Marga
  • Jordi Figueras como Blai
  • David Verdaguer como Esteve
  1. "La pel·lícula «Estiu 1993» triomfa a la Berlinale amb dos premis". Nació Digital. 18 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  2. "‘Estiu 1993’, de Carla Simón, triomfa per partida doble a Berlína". Ara. 18 de febreiro de 2017. 
  3. Holland, Jonathan (11 de febreiro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "‘Summer 1993’ ('Estiu 1993’): Film Review Berlin 2017". Prometheus Global Media. Consultado o 20 de agosto de 2017. 
  4. Creative Europe MEDIA, ed. (20 de febreiro de 2017). "Great recognition for EU-supported films at Berlinale 2017". Comisión Europea. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  5. "Verano 1993, seleccionada para representar a España en los Oscar" (en castelán). Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. 7 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2018. Consultado o 7 de sestembro de 2017. 
  6. Keslassy, Elsa (7 de setembro de 2017). Variety, ed. "Spain Sends Carla Simon’s feature debut ‘Summer 1993’ to Foreign-Language Oscar Race". Penske Business Media. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  7. Estiu 1993 en Allociné

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]