Saltar ao contido

Campeones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Campeones
Imaxe
 Instancia de
 Título
Campeones (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Guionista
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
27 de xuño de 2019 (Hungría)
6 de xuño de 2018 (Francia)
20 de setembro de 2018 (Alemaña)
6 de abril de 2018 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
Duración124 min e 118 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt6793580 Filmaffinity: 206800 Allocine: 256186
Instagram: maaartiinaaa_09 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Campeones é filme español de 2018 dirixido por Javier Fesser.[1] A historia mostra como Marco, un adestrador de baloncesto, deberá facerse cargo dun equipo con discapacidade intelectual. Campeones é unha produción de Morena Films, Películas Pendelton e Movistar+, que conta ademais coa participación de TVE e Universal Pictures International Spain. O filme estreouse o 6 de abril de 2018. A banda sonora, a cargo de Rafael Arnau (colaborador habitual de Fesser), conta coa canción "Este es el momento" composta e interpretada por Coque Malla.

O filme foi escollido representar a España na 91ª edición dos Óscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa,[2] mais finalmente non foi nomeado.

A historia está inspirada na historia do equipo de baloncesto Aderes Burjassot, formado por persoas con discapacidade intelectual, que gañou doce campionatos de España entre 1999 e 2014.[3]

Marco atravesa numerosos problemas profesionais e persoais, e tras o seu despedimento como adestrador do seu equipo de baloncesto e, en estado de embriagez, sofre un accidente de tráfico que lle comporta unha grave multa. Marco deberá escoller entre 18 meses de cárcere ou 90 días de servizos comunitarios adestrando un equipo de baloncesto chamado "Los Amigos", integrado por deportistas con diversas discapacidades. Nun primeiro momento, a nova non será ben aceptada polo protagonista, pero co tempo darase conta de todo o que queda por aprender destas persoas.[4]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Berta Tena (5 de abril de 2018). "Javier Fesser: “La capacidad intelectual está sobrevalorada”". El País (en castelán).
  2. "Óscar 2019: La representante de España será “Campeones” de Javier Fesser". Premios Óscar Latinos (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2018.
  3. Herrero, Nacho (18 de abril de 2018). "Bienvenidos al Aderes, el club que ha inspirado la película 'Campeones'". El Periódico de Catalunya (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2018.
  4. Holland, Jonathan (23 de abril de 2018). "‘Champions’ (‘Campeones’): Film Review". The Hollywood Reporter. Consultado o 14 de agosto de 2018.
  5. "Juan Margallo, premio al mérito de una vida como actor, director de escena y dramaturgo". El Mundo (en castelán). 12 de xullo de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]