Carmen (filme de 1983)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carmen.
| Carmen | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||||||
Carmen é un filme español de 1983 dirixido e coreografado por Carlos Saura e María Pagés. É a segunda parte da triloxía flamenca de Saura, precedida por Bodas de sangre e seguida de El amor brujo. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 56ª edición dos premios.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Narra a historia de Antonio, o director dunha compañía de baile que anda a traballar na montaxe de Carmen de Bizet. Cando atopa a protagonista ideal, que tamén se chama Carmen, inicia con ela unha relación malsá que reproduce o libreto da ópera.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Paco de Lucía como Paco
- Laura del Sol como Carmen
- Antonio Gades como Antonio
- Marisol como Pepa Flores
- Cristina Hoyos como Cristina
- Juan Antonio Jiménez como Juan
- José Yepes como Pepe Girón
- Sebastián Moreno como Escamillo
- Gómez de Jerez como cantante
- Manolo Sevilla como cantante
- Antonio Solera como cantante
- Manuel Rodríguez como guitarrista
- Lorenzo Virseda como guitarrista
- M. Magdalena como artista
- La Bronce como artista
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]- 1985. BAFTA ao mellor filme en lingua non inglesa
Candidaturas
[editar | editar a fonte]- 1983. Palma de Ouro
- 1984. Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa
- 1984. Globo de Ouro ao mellor filme estranxeiro
- 1984. César ao mellor filme estranxeiro
- 1985. BAFTA á mellor música: Paco de Lucía
- 1985. BAFTA ao mellor son: Carlos Faruolo, Alfonso Marcos e Antonio Illán
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ oscars.org (ed.). "The 56th Academy Awards (1984) Nominees and Winners". Consultado o 27 de outubro de 2013.