Los Tarantos
| Los Tarantos | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
Los Tarantos é un filme español de 1963 dirixido por Francisco Rovira Beleta. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 36ª edición dos premios.[1]
O filme baséase na obra La historia de los Tarantos escrita por Alfredo Mañas, e está inspirado en Romeu e Xulieta de William Shakespeare.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Los Tarantos é unha transposición da traxedia de amor frustrado de Romeu e Xulieta (ou da lorquiana Bodas de Sangre) a dúas familias xitanas rivais: os Tarantos e os Zorongos, ambientada na periferia chabolista da Barcelona do franquismo, na barriada de xitanos e pescadores de Somorrostro.[2] Boa parte das escenas, rodadas en localizacións xenuínas (alí nacera a propia Carmen Amaya), poden considerarse case cinema documental ou similares ao cinéma vérité francés ou ao neorrealismo italiano; porén, as escenas musicais de puro flamenco e danza española, emparéntana co cinema musical, e as convencións da lectura entre liñas á que o público da época estaba afeite pola censura, co cinema de denuncia ou o cinema social.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Carmen Amaya como Angustias
- Sara Lezana como Juana
- Daniel Martín como Rafael
- Antonio Gades como Mojigondo
- Antonio Prieto como Rosendo
- José Manuel Martín como Curro (acreaditado como J. Manuel Martín)
- Margarita Lozano como Isabel
- Juan Manuel Soriano
- Antoñita Singla como Sole (acreditada como Antonia 'La Singla')
- Aurelio Galán 'El Estampío' como Jero (acreditado como A. Galán 'El Estampío')
- Peret como Guitarrista
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ oscars.org (ed.). "The 36th Academy Awards (1964) Nominees and Winners". Consultado o 3 de novembro de 2011.
- ↑ "Carles Benavent y Rancapino, en el Festival de Flamenco Somorrostro". ELPAÍS.com. Consultado o 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Los Tarantos na IMDb (en inglés).