Tomate de árbore
Tomate de árbore | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tomates de árbore amarelo e vermello | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Solanum betaceum Cav. Anales Hist. Nat. 1: 44. 1799. | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Os nomes a seguir considéranse sinónimos de Solanum betaceum (fornécese cita orixinal e localización do exemplar tipo).[1]
|
O tomate de árbore[2] (Solanum betaceum) é un arbusto de 3 a 4 m de altura, con casca cinsenta e follaxe perenne, orixinario da Cordilleira dos Andes, no Perú e Colombia,[3] Ecuador, Bolivia e a Arxentina.
O seu rango nativo non está resolto. As subpoboacións putativas bravas son pequenas, en áreas restrinxidas da Arxentina e de Bolivia. Cultívase na Cordilleira dos Andes, sur de Europa, África, Nova Zelandia. É imprescindíbel dispor de espécimes silvestres para a súa conservación, melloramento e estudo.[4]
Non é un cultivo de Europa, mais comeza a aparecer nalgunhas hortas galegas e portuguesas de xeito illado, adaptándose ben. En Portugal recibe o nome de tomate inglês.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten follas alternas, enteiras, nos extremos das pólas, con pecíolo robusto de 4 a 8 cm de lonxitude. O limbo presenta de 15 a 30 cm de lonxitude, con forma ovalada, acuminado, de cor verde escura, un pouco áspero ao tacto. As follas novas teñen unha fina pubescencia en ambas as dúas faces. A nerviación é marcada e sobresaliente. As flores son pequenas, de 1,3 a 1,5 cm de diámetro, de cor branca-rosácea, dispostas en pequenos acios terminais . Teñen 5 pétalos e 5 estames amarelos. Florea en maio-xuño. O froito é unha baga ovoide de 4 a 8 cm x 3 a 5 cm, cun longo pedúnculo no que persiste o cáliz da flor. A pela é lisa, de cor vermella ou alaranxada na madureza, con estrías de cor máis clara. A polpa é zumarente, algo aceda, de cor laranxa, a vermella, con numerosas sementes. Os froitos son comestíbeis, podendo comerse crus directamente ou en ensaladas ou preferibelmente se cociñan para preparar zumes, doces e sobremesas. Fornecen ferro, potasio, magnesio, fósforo e vitaminas A, C e E.
Adaptacións e requirimentos climáticos
[editar | editar a fonte]Medra en climas de bosque húmido montano con temperaturas entre os 13 e 24 °C, con pluviometría de 600 a 1500 mm anuais; entre os 800 e 2800 msnm. É moi sensíbel ás xadas, aos ventos e mais ás secas. Require solos francos areentos, con boa drenaxe, ricos en materia orgánica e responde ben á fertilización.
Usos
[editar | editar a fonte]Os usos medicinais que se lle dan en Colombia e o Ecuador están relacionados coas afeccións de gorxa e gripe. O froito ou as follas, previamente quentadas, aplícanse en forma tópica contra as anxinas (inflamación de amígdalas) especialmente. Para a gripe, cómpre consumir o froito fresco en xaxún. Sábese que o froito posúe alto contido de ácido ascórbico. Outra propiedade atribuída é como remedio de problemas hepáticos en Xamaica e Bolivia. En Venezuela utilízase este froito para elevar a hemoglobina, no tratamento da anemia. No Ecuador e outros países utilízase o froito para realizar zumes de froita,[5] pódese utilizar cociñado ou non. Adoita realizarse mollo de pemento do mesmo xeito con este froito.
Multiplicación e cultivo
[editar | editar a fonte]Multiplícase por sementes, que xermolan con moita facilidade. Medra axiña, dando froitos ao ano da sementeira e continuamente durante 48 meses. Recoméndase cultivalo en clima frío a 1400-2400msnm.
Os principais produtores son Portugal, Colombia, Brasil, Nova Zelandia, Kenya, Suráfrica, California, India e Sri Lanka. No Brasil, a froita cultívase en quintais, principalmente nos estados da Bahia, de Minas Gerais e de São Paulo. Na Bahia recibe o nome de "tomatão" e en São Paulo de "tomate francês". Na rexión sur de Minas Gerais é popularmente coñecida como "tomate de árvore" ou "sangue de boi". No Paraná outro nome que recibe é o de "tomate japonês". En Portugal tamén é coñecida como "tomate inglês".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Solanum betaceum, Synonyms. Solanaceasource
- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 234. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
- ↑ "Tomate de árbol o Chilto. (Solanum betaceum) autóctono del norte de Argentina, entre otro lugares". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 16 de febreiro de 2014.
- ↑ Solanum betaceum (Tamarillo, Tree Tomato)[Ligazón morta]
- ↑ Jugo de Tomate de Árbol
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomate de árbore |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tomate de árbore |