Richard Thomas Lowe
Richard Thomas Lowe | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 4 de decembro de 1802 |
Lugar | Derbyshire, ![]() |
Falecemento | 13 de abril 1874 |
Lugar | Illas Scilly, Cornualla |
Nacionalidade | Británica |
Actividade | |
Campo | botánica, ictioloxía, malacoloxía |
Alma máter | Christ’s College |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Richard Thomas Lowe, nado en Derbyshire, Inglaterra, o 4 de decembro de 1802 e finado nun naufraxio preto das illas Scilly, Cornualla, o 13 de abril de 1874 foi clérigo anglicano, escritor, botánico, ictiólogo e malacólogo inglés, especializado na flora, e mais na fauna (mariña) do arquipélago de Madeira.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1825 gradúase no Christ's College, de Cambridge e, ese mesmo ano, toma as sagradas ordes, como diácono e, en 1830 ordénase como sacerdote anglicano.[1]
En 1832 trasladouse á illa de Madeira (Portugal) onde exerceu como pastor protestante desde ese ano até 1852, pero tamén se desenvolveu como naturalista, estudando extensamente a flora e a fauna local.[1]
Despois volveu a Inglaterra, sendo reitor en Lea, Lincolnshire, desde 1852 até 1874.[1]
O 13 de abril de 1874 faleceu no transcurso dun naufraxio, preto das illas Scilly, en Cornualla.[1]
Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]
- 1869. Florulae Salvagicae Tentamen or a list of plants collected in the Salvages or Salvage Islands. John van Voorst, Londres
- 1857 - 1872. A manual flora of Madeira. Londres 2 vols.
- 1851. Primitiæ Et Novitiæ Faunæ Et Floræ Maderæ Et Portus Sancti: Two Memoirs on the Ferns, Flowering Plants, and Land Shells of Madeira and Porto Santo. Ed. J. Van Voorst, 95 pp.
- 1843. A history of the fishes of Madeira ed. B. Quaritch, 196 pp.
- 1838. Novitiae florae Maderensis
- 1830. "Primitiae fauna et florae Maderae et Portus Sancti", en: Cambridge Philosophical Trans.
Taxons descritos[editar | editar a fonte]
Lowe nomeou e describiu numerosos taxons de peixes, entre eles:
- Aphanopus, xénero da familia dos triquiúridos, que é o tipo da subfamilia dos afanopodinos.[2][3]
- Callanthias, xénero de tipo da familia dos calantíidos.[4]
- Callanthias paradisaeus, especie tipoio da familia, hoxe clasificada como Callanthias ruber (Rafinesque, 1810).[4]
- Polymixia, xénero tipo da familia dos polimixíidos.[5]
- Polymixia nobilis, especie do xénero anterior.[6]
Así mesmo nomeou e describiu moitos taxons de moluscos, entre eles:
- Caseolus, un xénero de caracois de terra, e 8 das súas especies, e
- Lemniscia, outro xénero de caracois terrestres, e 2 das súas especies.
Honores[editar | editar a fonte]
Epónimos[editar | editar a fonte]
Na súa honra, varios autores dedicáronlle algúns taxons, como:
- Ptilocercus lowii (a tupaia arborícola de cola plumosa) especie de mamífero da orde dos escandentios, a única da familia dos ptilocércidos.[7]
- Polymixia lowei, especie de peixe da familia dos polimixíidos.[8]
- Omosudis lowii.
- Octolasmis lowei.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 University of Cambridge (ed.). "search results". A Cambridge Alumni Database (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2019.
Richard Thomas LOWE Approx. lifespan: 1802–1874 pens. aged 18 Christ's College adm1821:06:09 s. of Thomas LOWE b. 1802:12:04 Derbyshire , Sch: Brewood School Brewood, Staffordshire , Matric 1821:10MT: Scholar 1822 BA 1825 Travelling Bachelor: 1827 MA 1831 Adm ad eundem Oxford University 1843 Ord. deacon Lincoln 1825 Ord. priest 1830 Chapl.: at Madeira , 1832-52 R.: Lea, Lincolnshire , 1852-74 Publ.: Primitiae et Novitiae Faunae et Florae Maderae (1831) ; The Fishes of Madeira (1843) ; A Manual Flora of Madeira;Florulae Salvagicae Tentamen;A Catechism for Young Persons;A Catechism on Confirmation for Adults;Conformity, the Means of Peace and Union;Protest, with Appendix on Missions;Facts and Documents;Hymns for the Christian Seasons etc.Set out in1874:04:, on another visit to Madeira , , on board the Liberia, but the ship foundered and he wasd. drowned with all on board, off the Scilly Islands, [Cornwall], , about 1874:04:13 ( Boase, II. 514; Peile, II. 405; Crockford; D.N.B. )
- ↑ Aphanopus Lowe, 1839 no WoRMS.
- ↑ Aphanopus Lowe, 1839 no ITIS.
- ↑ 4,0 4,1 Callanthias Lowe, 1839 np WoRMS.
- ↑ Polymixia Lowe, 1836 no WoRMS.
- ↑ Polymixia nobilis Lowe, 1838 no WoRMS.
- ↑ Ptilocercidae no MSW
- ↑ Polymixia lowei Günther, 1859 no WoRMS.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Richard Thomas Lowe |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Benjamin Daydon Jackson (1874): Lowe, Richard Thomas, en Dictionary of National Biography, 1885-1900, Volume 34.
- Roy Nash (1990): Scandal in Madeira: the story of Richard Thomas Lowe. Sussex, England: Book Guild. ISBN 978-0-8633-2518-2.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lowe and High Chrch, en Rodney Bolt (2007): Madeira & Porto Santo. Cadogan Guides. New Holland Publishers. ISBN 978-0-9477-5473-0.