No Surprises
| No Surprises | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Radiohead | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
"No Surprises" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead. Foi publicada o 12 de xaneiro de 1998 como cuarto e último sinxelo do seu álbum OK Computer. No Xapón foi editada como un mini-álbum titulado No Surprises / Running from Demons.
Estivo acompañada por un vídeo musical, dirixido por Grant Gee, realizado nunha única toma, onde pode verse á cabeza do vocalista Thom Yorke nunha burbulla de plástico enchéndose de auga. O sinxelo chegou ao número 4 no Reino Unido, e en outubro do ano 2011 a revista NME situouna no posto 107 da lista das "150 mellores cancións dos últimos 15 anos".
Aparece no episodio "Broken" da serie de televisión House, cando o doutor House estaba en rehabilitación, e tamén nun capítulo da serie The Royle Family.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Thom Yorke, Jonny Greenwood, Ed O'Brien, Colin Greenwood e Phil Selway.
| CD 1 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 1. | "No Surprises" | 3:51 | |||||||
| 2. | "Palo Alto" | 3:44 | |||||||
| 3. | "How I Made My Millions" | 3:07 | |||||||
| CD 2 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 1. | "No Surprises" | 3:50 | |||||||
| 2. | "Airbag (Live in Berlin)" | 4:49 | |||||||
| 3. | "Lucky (Live in Florence)" | 4:34 | |||||||