Ed O'Brien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEd O'Brien

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edward John O'Brien Editar o valor em Wikidata
15 de abril de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEOB Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónAbingdon School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura196 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , compositor de cancións , percusionista , músico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo, Art rock, indie rock e electrónica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoXL Recordings Editar o valor em Wikidata

Páxina webradiohead.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0639526 Youtube: UCVEkrKky2mb-jI2lFhCmuMw Musicbrainz: 309d9809-cf74-493a-b56b-1378258f20fd Discogs: 365794 Allmusic: mn0000165671 Editar o valor em Wikidata

Edward John O'Brien, nado en Oxford o 15 de abril de 1968, é un músico, compositor e guitarrista inglés da banda Radiohead. Tamén é o encargado de facer os coros e acompañar coa voz a Thom Yorke nos concertos e en moitas das cancións dos discos do grupo. Fóra de Radiohead, participou como guitarrista no proxecto 7 Worlds Collide.[1]

Varias listas e votacións teñen situado a Ed O'Brien entre os mellores guitarristas dos últimos anos.[2][3]

Radiohead[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Radiohead.

O'Brien emprega unha gran colección de pedais de efectos para crear o son característico da banda. Mesmo en cancións nas que non hai guitarras, os seus pedais serven outro tipo de propósitos, como alterar o teclado que toca Thom Yorke (el e o co-guitarrista Jonny Greenwood samplean, respectivamente, o piano e a voz de Yorke co Korg Kaos Pad cando tocan o tema "Everything in Its Right Place" en directo). Ademais de ser un guitarrista autodidacta, é un consumado batería, aínda que, polo momento, as súas únicas contribucións na banda con ese instrumento foron tocando tom-tom nas versións en directo do tema "There There" (tarefa compartida con Greenwood) e como batería adicional na cara B "Pearly".

Algunhas das súas contribucións como compositor son o riff inicial da canción "Go to Sleep" e o riff sobre o que se constrúe "Street Spirit (Fade Out)", canción que pecha o álbum The Bends. Tamén é autor da parte instrumental de "Meeting in the Aisle", "Lull" e a música de "Big Boots".

O seu cometido principal na banda é expandir o marco musical creado por Thom Yorke, como amosan as súas contribucións en "Karma Police" (creou o efecto que pecha a canción e os seus coros no retrouso son parte integral do tema), "Lucky" (creando o efecto que abre a canción) e "Treefingers" (onde o son da súa guitarra foi procesado dixitalmente para que soase coma música ambiental).

Traballo fóra de Radiohead[editar | editar a fonte]

Antes de gravar Kid A, O'Brien participou na banda sonora da serie dramática da BBC Eureka Street. Tamén colaborou como guitarrista no disco Enemy of the Enemy de Asian Dub Foundation, concretamente nas cancións "1000 Mirrors", "Blowback" e "Enemy of the Enemy".

O'Brien foi de xira con Neil Finn como parte do proxecto 7 Worlds Collide. Contribuíu coa guitarra e os coros no disco homónimo gravado en directo en 2001 e repetiu papel en 2009 no álbum de estudio The Sun Came Out, onde tamén co-escribiu dous temas.

En 2001, O'Brien e o seu compañeiro de banda Phil Selway tomaron leccións de programación co produtor e enxeñeiro Phelan Kane no Institute of Contemporary Music Performance (ICMP) de Londres.

O’Brien é un dos directores fundadores da Featured Artists Coalition, unha organización sen ánimo de lucro que busca preservar os intereses dos artistas na nova era dixital.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O'Brien está casado con Susan Cobrin, coa que ten dous fillos: Salvador, nado en xaneiro de 2004, e Oona, nada a principios de 2006. Antes de dedicarse profesionalmente á música, O'Brien estudou a carreira de economía na Universidade de Manchester.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. New 7 Worlds Collide. Buzzmedia Music. Consultada o 19 de xuño de 2012. (en inglés)
  2. 100 Greatest Guitarists. www.rollingstone.com. Consultada o 19 de xuño de 2012. (en inglés)
  3. Top 50 Guitarists of All Time Arquivado 27 de maio de 2010 en Wayback Machine.. www.gibson.com. Consultada o 19 de xuño de 2012. (en inglés)
  4. Music stars call for more power. BBC News. Consultada o 19 de xuño de 2012. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]