A Moon Shaped Pool

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Moon Shaped Pool
Álbum de Radiohead
Publicado8 de maio de 2016
Gravación2014 - 2016
Estudio(s)La Fabrique de Saint-Rémy-de-Provence
Duración52:31
Xénero(s)Art rock, chamber pop, art pop[1]
Selo(s)XL Recordings
Producido porNigel Godrich
Cronoloxía
The King of Limbs A Moon Shaped Pool OKNOTOK

A Moon Shaped Pool (en galego «unha poza con forma de lúa») é o noveno álbum de estudio da banda de rock británica Radiohead. Foi lanzado como descarga dixital o 8 de maio de 2016, e en formato CD e LP o 17 de xuño. A edición especial con dous temas extra e artwork adicional púidose adquirir desde o 28 de setembro.[2]

Radiohead traballou no álbum de forma intermitente dende o final da xira en 2012 do seu anterior disco, The King of Limbs. Foi gravado no estudo La Fabrique de Saint-Rémy-de-Provence (sur de Francia) con Nigel Godrich. Inclúe algúns temas escritos varios anos antes: «True Love Waits» data polo menos de 1995, «Burn the Witch» comezou a comporse sobre o 2000, e «Present Tense» é de 2008. No álbum predominan os arranxos para cordas e coro de Jonny Greenwood, interpretados pola London Contemporary Orchestra. A Moon Shaped Pool recibiu a aclamación da crítica e converteuse no sexto álbum de Radiohead en ser número 1 en Reino Unido.

Gravación[editar | editar a fonte]

Durante a xira de The King of Limbs, Radiohead interpretou varias cancións novas, das cales dúas delas, «Ful Stop» e «Identikit», formarían despois parte da Moon Shaped Pool.[3] Mentres estaban de xira polos EUA, a mediados de 2012, Radiohead pasou un día no estudo de gravación de Jack White, guitarrista exmembro de The White Stripes, onde traballou en dúas novas cancións, unha delas «Identikit».[4] Yorke diría en abril de 2013 que esas gravacións foron «tarefa inconclusa».[5] Tras devandita xira, a banda decidiu realizar unha nova paréntese para traballar nalgúns proxectos independentes. O 25 de febreiro de 2013, Atoms for Peace, o grupo de Yorke e Nigel Godrich, publicou o seu primeiro álbum, titulado Amok.[6] O 11 de febreiro de 2014, Radiohead lanzou aplicación Polyfauna para Android e teléfonos iOS, unha «colaboración experimental» entre a banda e o estudo de arte dixital Universal Everything na que se utilizan elementos musicais e imaxes de The King of Limbs.[7] O 26 de setembro de 2014, Yorke publicou o seu segundo álbum en solitario, Tomorrow's Modern Boxes.[8][9] O 7 de outubro de 2014, Phil Selway tamén lanzou o seu segundo álbum solista, titulado Weatherhouse, mentres que ese mesmo mes lánzase a banda sonora da película Inherent Vice, composta por Jonny.[10] Esta última incluíu unha reinterpretación da canción «Spooks», tema de Radiohead inédito en estudo que debutou en directo en 2006.[11][12]

Jonny Greenwood en 2015 coa London Contemporary Orchestra, quen aparece no disco.

Radiohead e Godrich gravaron A Moon Shaped Pool no estudo La Fabrique de Saint-Rémy-de-Provence (sur de Francia).[13] En febreiro de 2015, Selway dixo nunha entrevista que Radiohead traballara nun novo álbum dende setembro até Nadal, e que retomarían a gravación en marzo de 2015.[14] Jonny Greenwood manifestou noutra entrevista que: «Certamente cambiamos o noso método de novo [...] Estamos como limitándonos a nós mesmos; traballando en límites [...] estamos a tentar usar tecnoloxía moi antiga e moi nova simultaneamente para ver que pasa».[15] O 4 de decembro de 2015, Yorke tocou por primeira vez dous temas do futuro álbum, «The Numbers» (entón coñecido como «Silent Spring») e «Desert Island Disk», no evento Pathway to Paris durante a XXI Conferencia sobre Cambio Climático en París.[16] O 25 de decembro, Thom Yorke anunciou a través de Twitter a publicación en SoundCloud de «Spectre», tema que escribiron como encargo para a película homónima de James Bond pero que finalmente non foi incluído na banda sonora.[17]

Varios temas da Moon Shaped Pool foron escritos algún tempo antes da realización do álbum. «True Love Waits» data polo menos de 1995, e unha versión en vivo foi lanzada no álbum en directo I Might Be Wrong: Live Recordings (2001).[18] En 2012, Godrich dixo sobre a canción que: «Tentemos gravala en contables ocasións, pero nunca funcionou... Para acreditala [Yorke], necesita sentir que unha canción ten validación, que ten unha razón para existir como gravación. Puidemos facer 'True Love Waits' e facer que soase como John Mayer. Ninguén quería facer iso».[19] Radiohead traballou en «Burn the Witch» nas sesións dos álbums Kid A (2000), Hail to the Thief (2003) e In Rainbows (2007), e as letras do tema apareceron no artwork de Hail to the Thief e na web de Radiohead en 2005.[20] O tema «Present Tense» (entón coñecido como «The Present Tense») data de 2008 e foi tocado por primeira vez por Thom Yorke no Latitude Festival de 2009.[21]

Lanzamento e promoción[editar | editar a fonte]

Clive Deamer, batería que acompaña á banda na xira da Moon Shaped Pool.

O 30 de abril de 2016 houbo fans que reportaron recibir folletos procedentes da banda por correo ordinario. Neles mostrábanse os versos «Sing a song of sixpence that goes / Burn the Witch / We know where you live», xunto cunha fotografía abstracta de artwork en branco e negro, e o símbolo do grupo.[22] O 1 de maio a banda eliminou toda a información das súas contas en Twitter e Facebook, así como da súa páxina oficial, a cal quedou completamente en branco, xerando numerosos rumores sobre a saída do álbum. O 3 de maio publicaron un novo tema, «Burn the Witch», xunto ao seu correspondente videoclip.[23] O 6 de maio compartiron o segundo sinxelo, «Daydreaming», así como o videoclip do mesmo, dirixido por Paul Thomas Anderson. Ese mesmo día anunciaron que o novo álbum poderíase descargar o 8 de maio ás 19:00, hora inglesa, e estaría dispoñible en formato físico o 17 de xuño.[24]

Concerto da xira no Zénith de París o 24 de maio de 2016.

O 8 de maio o álbum foi finalmente publicado en forma de descarga dixital, dándose a coñecer tamén de maneira simultánea a portada e o título do mesmo, o cal provén do primeiro verso do coro do tema «Identikit». Tras lanzarse, o álbum foi emitido integramente en varias radios de diferentes países, sendo na BBC Radio 6 Music presentado por Tom Robinson.[25] O 20 de maio de 2016 comezou a xira mundial do álbum, que durou de maio a outubro e tivo datas en Europa, Norteamérica e o Xapón. Do mesmo xeito que na xira de The King of Limbs, contaron de novo con Clive Deamer como batería adicional. O 15 de xuño o álbum foi lanzado en formato físico (CD e LP) no Xapón, e o 17 de xuño, no resto do mundo. Ese mesmo día foi subido ao servizo de streaming Spotify e realizouse o evento «Live from A Moon Shaped Pool» en numerosas tendas de discos do mundo, que incluía un stream de listas de reprodución facilitadas por Radiohead e o son do seu concerto no Roundhouse de Londres, así como outras actividades como competicións, artwork, etc. Varios asistentes ao evento de Istambul foron atacados por un grupo de homes furiosos debido a que os clientes estaban a beber cervexa e pondo música durante o Ramadán. A banda lanzou un comunicado condenando o ataque e enviando «amor e apoio» aos fans de Istambul.[26] Desde a semana seguinte a banda zou a publicar unha serie de vídeos curtos denominados vignettes dirixidos por artistas como Adam Buxton, Richard Ayoade, Yorgos Lanthimos, Ben Wheatley ou Grant Gee. O 15 de xullo anunciou unha competición entre os fans para crear unha vignette de «Daydreaming» usando unha versión alternativa do tema con cordas adicionais.[27]

O 15 de setembro a banda publicou un vídeo de Yorke e Greenwood cun CR-78 interpretando «Present Tense», o cal foi dirixido por Paul Thomas Anderson.[28] Foi seguido o 5 de outubro dun novo vídeo dirixido por Anderson, esta vez interpretando «The Numbers».[29] A finais de 2016, Radiohead anunciou unha segunda parte da xira entre marzo e xullo de 2017, con concertos en diversos festivais europeos, incluíndo presentacións en Noruega, Inglaterra ou Irlanda, entre outros. O 23 de xuño actuaron no Festival de Glastonbury, sendo a terceira vez que eran cabezas de cartel.[30]

Recepción[editar | editar a fonte]

A Moon Shaped Pool ten unha puntuación de 88 sobre 100 no agregador de críticas Metacritic, baseándose en 41 opinións e indicando «aclamación universal». Patrick Ryan de USA Today escribiu que «o melancólico, sinfónico e punzante A Moon Shaped Pool... valeu a pena a espera».[31] Chris Gerard de PopMatters sentiu que o álbum é «digno do catálogo inigualable de Radiohead».[32] Jamieson Cox de Verge eloxiou os arranxos de corda do álbum e o seu «magnanimidad emocional».[33] Andy Beta de Rolling Stone describiuno como «un asombro, triunfo impresionante» e como «o álbum máis belo e abatido até a data» de Radiohead, eloxiando os seus timbres e melodías.[34] Noutra recensión, o crítico de Rolling Stone Will Hermes escribiu que «é a voz de Yorke o que mantén o centro emocional, e nunca foi máis conmovedora... [A Moon Shaped Pool é] un dos seus máis notables álbums musicalmente e emocionalmente». Sam Richards de NME describiu A Moon Shaped Pool como «un álbum de misteriosa, elusiva beleza que é estraño, brillante e incerto todo ao mesmo tempo».[35] Stephen Thomas Erlewine escribiu para AllMusic que «hai unha comodidade melancólica ao seu fluxo e refluxo, un movemento suave mecedor que séntese reconfortante; é un tónico para a clausura».

Eric Renner Brown de Entertainment Weekly eloxiou o álbum pola súa variedade de texturas musicais e grande escala: «Por natureza, os álbums de Radiohead sempre serán algo épico, pero este é máis consistentemente grandioso que calquera dos lanzamentos da banda desde a obra mestra de 2000 Kid A». Jon Pareles, escribindo para The New York Times, dixo que o álbum foi quizais «a máis escura declaración [de Radiohead] — aínda que o de maior superficie pastoral da banda». Eloxiou a voz de Yorke e os arranxos de corda de Greenwood, escribindo: «Tanto o Sr. Yorke como o Sr. Greenwood son implacablemente oíntes curiosos, amantes da melodía e exploradores de idiomas, creadores de crebacabezas que non temen á emoción».[36]

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

Todas as cancións foron escritas por Radiohead e producidas por Radiohead e Nigel Godrich.

N.º Título Duración
1. "Burn the Witch"   3:40
2. "Daydreaming"   6:24
3. "Decks Dark"   4:41
4. "Desert Island Disk"   3:44
5. "Ful Stop"   6:07
6. "Glass Eyes"   2:52
7. "Identikit"   4:26
8. "The Numbers"   5:45
9. "Present Tense"   5:06
10. "Tinker Tailor Soldier Sailor Rich Man Poor Man Beggar Man Thief"   5:03
11. "True Love Waits"   4:43
52:31

Segundo CD[editar | editar a fonte]

A edición especial inclúe un segundo CD con dúas pistas adicionais.

N.º Título Duración
1. "Ill Wind"   4:16
2. "Spectre"   3:19
7:35

Notas[editar | editar a fonte]

  1. rateyourmusic.com (ed.). "A Moon Shaped Pool". Consultado o 12 de setembro de 2019. 
  2. Staff, Cos (8 de maio de 2016). "Radiohead release new album A Moon Shaped Pool: Stream/download". Consequence of Sound. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  3. "'Full Stop,' New Radiohead Song, Performed In Chicago (VIDEO)". Huffington Post. 
  4. "Thom Yorke Confirms New Radiohead Songs Recorded". musicfeeds.com. 
  5. "Thom Yorke and Nigel Godrich on Atoms for Peace, the State of Dance Music and What's Next for Radiohead | Music News". Rolling Stone. 
  6. "Atoms for Peace: Amok – review". The Guardian. 
  7. Carrie Battan. "Radiohead Release PolyFauna App". 
  8. tomorrowsmodernboxes.com (ed.). "Thom Yorke – Tomorrow's Modern Boxes". 
  9. Gordon, Jeremy (26 de setembro de 2014). "Thom Yorke Announces New Album Tomorrow's Modern Boxes | News" (en inglés). Pitchfork Media. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2014. Consultado o 26 de setembro de 2014. 
  10. allmusic.com (ed.). "Philip Selway: 'Weatherhouse'". 
  11. binaural.es (ed.). "Jonny Greenwood reinterpreta ‘Spooks’ de Radiohead para “Inherent Vice”". 
  12. "Radiohead's Jonny Greenwood hires Supergrass to cover Inherent Vice track". The Guardian. 
  13. stereogum.com (ed.). "Comment Party: Radiohead A Moon Shaped Pool". 
  14. "DiS Meets Radiohead's Philip Selway: "If it means something to some people then that is success"". Drowned in Sound. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  15. "Radiohead's Jonny Greenwood Recording Album in India". Pitchfork. 
  16. pitchfork.com (ed.). "Thom Yorke Plays New Songs, Performs With Patti Smith and Flea at Pathway to Paris". 
  17. concierto.cl (ed.). "Radiohead libera canción que estaba escrita para “Spectre” de James Bond". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  18. Nicholas Taylor. "Radiohead I Might Be Wrong: Live Recordings". PopMatters. 
  19. rollingstone.com (ed.). "Radiohead Reconnect". 
  20. citizeninsane.eu (ed.). "Burn the Witch". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  21. pitchfork.com (ed.). "Watch Thom Yorke Perform a Brand New Live Solo Acoustic Song". 
  22. twitter.com (ed.). "Niall Doherty on Twitter". 
  23. theatlantic.com (ed.). "'Burn the Witch': Radiohead's Gorgeous and Scary Comeback Song". 
  24. binaural.es (ed.). "Radiohead estrenan ‘Daydreaming’ (y anuncian lanzamiento del disco)". 
  25. bbc.co.uk (ed.). "BBC - Bring Your Radiohead". 
  26. pitchfork.com (ed.). "Inside Radiohead’s A Moon Shaped Pool Release Event". 
  27. consequenceofsound.net (ed.). "Radiohead reveal alternate version of “Daydreaming” for vignette contest". 
  28. pitchfork.com (ed.). "Radiohead Share New “Present Tense” Video, Directed by Paul Thomas Anderson: Watch". 
  29. pitchfork.com (ed.). "Watch Radiohead’s New “The Numbers” Video, Directed by Paul Thomas Anderson". 
  30. dodmagazine.es (ed.). "Radiohead anuncia gira europea para 2017". 
  31. "Radiohead's 'A Moon Shaped Pool': A Track-By-Track Review". 
  32. "Radiohead: A Moon Shaped Pool". 
  33. "Radiohead's new album A Moon Shaped Pool turns anxiety into generosity". 
  34. "Radiohead's 'A Moon Shaped Pool' Album Is a Haunting, Stunning Triumph". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2017. Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  35. "Radiohead: 'A Moon Shaped Pool' Review". 
  36. "In Radiohead's 'A Moon Shaped Pool', Patient Perfectionism".