Saltar ao contido

The Gabba

The Gabba
City of Brisbane (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Deporte
 Deporte
Implicados
 Propietario/a
 Ocupante
Datas
 Inauguración
1895 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Capacidade42.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF316746773 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04t1nm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Instagram: thegabbabrisbane Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Brisbane Cricket Ground, popularmente coñecido como The Gabba, é un estadio da cidade australiana de Brisbane, a capital de Queensland. O seu alcume provén do nome do barrio no que está situado: Woolloongabba. O terreo de xogo é elíptico, cunhas dimensións de 170'6 metros de lonxitude no seu eixo maior, e 149'9 metros no seu eixo menor. A capacidade das bancadas é de 42.000 persoas sentadas. Trátase do terceiro recinto deportivo con maior capacidade da cidade, tralo Lang Park (52.500 asentos) e o Queensland Sport and Athletics Centre (49.000 asentos).

Construído en 1895 para acoller os encontros de crícket do equipo de Queensland, neste recinto deportivo tamén comezou a xogarse a fútbol australiano a comezos do século XX. Na actualidade emprégase para disputar encontros de fútbol australiano entre os meses de marzo e setembro, e encontros de crícket entre setembro de marzo, aproveitando que estes dous deportes desenvolven as súas competicións oficiais cada un nunha metade oposta do ano.

Cada un dos dous equipos de crícket representativos de Queensland (os Queensland Bulls de crícket clásico e o Brisbane Heat da disciplina Twenty20) disputa ó redor de 6 ou 7 encontros por tempada no Brisbane Cricket Ground durante as estacións de primavera e verán, mentres que o equipo de fútbol australiano (Brisbane Lions) celebra 11 ou 12 encontros por tempada durante as estacións de outono e inverno.

Ó longo da historia, The Gabba tamén ten acollido eventos deportivos de exhibición ou entre seleccións nacionais nas disciplinas de fútbol, de rugby union, rugby league, béisbol, ciclismo e mesmo equitación. Tamén serve como recinto para concertos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]