Fútbol australiano
O fútbol australiano é unha combinación de fútbol gaélico e rugby [Cómpre referencia]. Xógase cunha pelota ovalada, nun gran campo tamén ovalado. É o deporte nacional de Australia.
Regras
[editar | editar a fonte]En cada equipo xogan 18 xogadores. Hai catro postes en cada extremo do campo, dous na liña de meta, separados por unha distancia de 6,4 metros, e outros dous exteriores 6,4 metros máis atrás.
Os goles (6 puntos) conséguense facendo pasar a pelota limpamente entre os postes da portería. Os tantos traseiros (1 punto) obtéñense facendo pasar a pelota entre un poste de gol e un traseiro.
As principais técnicas son patear e tomar a pelota coas mans. Os xogadores poden golpear a pelota, pero non pasala. Un xogador pode correr coa pelota na man sempre que a bote no chan polo menos unha vez cada 10 metros. Un xogador tamén pode ser placado e se o xogador placado non da a pelota ao equipo contrario antes de 5 segundos, o equipo do placador, ten dado un penal. Polo demais, hai moi poucas regras.
Campionato Mundial
[editar | editar a fonte]O campionato mundial comprende 12 seleccións nacionais. Xogouse nos anos 2002, 2005 e volverase a xogar no ano 2008. As nacións participantes son:
- Australia
- Nova Zelandia
- Nauru
- Samoa
- Irlanda
- Estados Unidos
- Canadá
- Inglaterra
- España
- Dinamarca
- Suráfrica
- Xapón
- Papúa Nova Guinea
Licenzas
[editar | editar a fonte]- Australia: 539.526 persoas.
- Resto do Mundo: 30.000 persoas.