Adelaide Football Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adelaide Football Club
Nome
CompletoAdelaide Football Club Limited
Alcume(s)Crows
LemaNatus Ad Magna Gerenda
CanciónThe Pride of South Australia
Temporada 2022
Liga14º
GoleadorTaylor Walker (15 goles)
Mellor xogadorReilly O'Brien (Malcolm Blight Medal)
Detalles do club
Fundación12 de setembro de 1990 (33 anos)
CidadeAustralia Meridional Adelaida, Australia Meridional
Cores     Azul      Vermello      Ouro
CompeticiónAFL: Sénior masculino
AFLW: Sénior feminino
DirectorJohn Olsen
CEOTim Silvers
AdestradorAFL: Matthew Nicks
AFLW: Matthew Clarke
Capitán(s)AFL: Rory Sloane
AFLW: Chelsea Randall
PremiershipsAFL (2)
  • 1997
  • 1998
AFLW (2)
  • 2017
  • 2019
Estadio(s)AFL: Adelaide Oval (55 317)
AFLW: Norwood Oval (15 000)
AntesFootball Park (1991–2013)
Uniformes
Home
Clash
Clash
Outra información
Páxina webafc.com.au

O Adelaide Football Club, alcumado Crows (do inglés: Corvos), é un club de fútbol australiano con sede na cidade de Adelaida, Australia Meridional. O club foi fundado en 1990, contanto cun equipo masculino na Australian Football League (AFL) desde a temporada 1991 e feminino na AFL Women's (AFLW) desde 2017.[1] O equipo masculino xoga os seus encontros como local no Adelaide Oval, estadio con capacidade para 55 317 espectadores situado moi preto do centro da cidade. A canción do club é "The Pride of South Australia", a cal utiliza a melodía do himno da mariña dos Estados Unidos.[2]

Os Crows foron fundados como o representante de facto de Australia Meridional na AFL. Orixinalmente, os propietarios do equipo eran a South Australian National Football League (SANFL), corpo que goberna este deporte no estado meridional, aínda que en 2014 conseguiron a súa independencia administrativa do ente. Na primeira temporada do club, en 1991, o equipo finalizou e noveno lugar, sendo este o mellor posto acadado por un equipo de expansión no seu primeiro ano na AFL.[3][4] A nivel masculino o equipo conseguiu dous títulos de campión, o de 1997 e o de 1998. Por outra banda, o equipo feminino é o único da AFLW que posúe máis dun título do campionato após vencer nas edicións de 2017 e 2019. O club conta tamén cun equipo de reservas na SANFL.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "History of the SANFL". SANFL.com.au (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  2. "The Club" (en inglés). Official AFL Website of the Adelaide Football Club. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  3. "About the SANFL" (en inglés). SANFL.com.au. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  4. "Adelaide Crows – A Short History" (en inglés). Official website of the Adelaide Football Club. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]